miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO.

       Para celebrar o día do libro, no Centro propuxéronse varias actividades. A primeira foi a realización dun marcapáxinas coas familias, no que por unha cara debería aparecer un anaco do noso libro favorito, e polo outro lado, un debuxo alusivo ao mesmo. A verdade é que quedaron preciosos todos, e fixemos unha exposición que está situada na entrada en Primaria.




     Tamén iniciamos hoxe as xornadas da actividade "Quéroche contar un conto" na que participaron as familias dos nosos alumnos. Comezamos por infantil e á biblioteca achegáronse Eva que é a nai de Alba, Mª Dolores que é a nai de Noé e Pablo o primo de Lucas. Cada un deles contaron diferentes contos: A historia de Jorge e o dragón, O gato lambón, e unha poesía de Gloria Fuertes. Pero todos foron chulísimos e nos encantaron. Houbo marionetas, debuxos na pizarra dixital, preguntas....e sorpresas!!! E ademais regaláronnos unha rosa, en conmemoración de este día e tamén unha lambetada, porque nos portamos moi ben.
      Dende aquí aproveitamos para darlles, unha vez máis, as grazas aos tres, por apoiarnos nesta actividade e ademais de que o fixeron moi ben!!! Moitísimas grazas!!!


https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/queroche%20contar%20un%20conto%20infantil/template.swf
 


RESOLVEMOS A 2ª MISIÓN

        Os nenos/as de Infantil xa resolvemos a 2ª misión, e agardamos que todo esté ben e gañemos a nosa pegada!! Tamén recibimos de Raiola un regalo moi chulo: unhas bolsas laranxas que nos gustaron moito e que nos sirven para levar o libro de préstamo para a casa. Aquí podedes vernos resolvendo a nosa misión e coas nosas novas bolsas.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/2%C2%AA%20mision%203%20anos/template.swf

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/2%C2%AA%20misi%C3%B3n%204%20anos/template.swf

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/2%C2%AA%20misi%C3%B3n%205%20anos/template.swf
 

miércoles, 9 de abril de 2014

"QUÉROCHE CONTAR UN CONTO"

       Dende o equipo da biblioteca queremos propoñer unha actividade de animación á lectura para celebrar o día do libro que será o 23 de abril. A actividade leva por título "quéroche contar un conto" e levarase a cabo na semana de dita celebración. Pretendemos que sexa unha forma de facer partícipes ás familias que así  o desexen, na lectura de un conto aos nenos/as do ciclo do seu fillo/a. As persoas interesadas en participar comuníquense con nós para a organización. Moitas grazas de antemán!


martes, 8 de abril de 2014

LIPDUB

           A finais de marzo realizamos no centro un lipdub, seguindo co proxecto do tren, recién iniciado e no que colaboramos o equipo da biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega ( EDLG ). Trátase da gravación dun video que percorre o colexio e no que participa toda a comunidade educativa: profesores e alumnado, así como o persoal non docente: conserxe, personal de cociña, colaboradoras do comedor e personal de limpeza. Foi moi divertido sincronizarnos todos e ter moi claro onde tiñamos que estar e que tiñamos que facer, pero a verdade, é que o resultado final mereceu a pena.
           A canción que soa, é unha versión do "tren" de Andrés do Barro. A nosa canción foi composta e cantada por o mestre Fran Manteiga, ao que agradecemos enormemente a implicación que tivo no noso Centro. Moitas grazas!
           Aquí vos deixamos o noso vídeo, esperamos que vos guste.


viernes, 4 de abril de 2014

RESOLVEMOS A MISIÓN!

          Esta semana todos os cursos pasaron pola biblioteca a facer a súa misión. Aquí vos deixamos as fotos dalgúns cursos para que vexades o ben que o fixeron estes nenos/as.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/1%C2%BA%20mision%204%20anos/template.swf

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/1%C2%BA%20mision%201%C2%BA/template.swf

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/1%C2%BA%20mision%202%C2%BA/template.swf

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/1%C2%BA%20mision%205%20anos/template.swf
 
      E por fin, completamos o puzzle con todas as pezas!!! queredes ver o que aparecía?


      Aparece unha foto da estación do tren de Curtis, de fai xa uns anos. Nela vese un montón de xente preto do tren que acaba de chegar. Este puzzle será o punto de partida do noso traballo: o tren! Agardannos máis probas que superar. O luns veredes na biblioteca unha nova... qué vos preguntará Raiola esta vez?

miércoles, 2 de abril de 2014

1ª MISIÓN RESOLTA!!!!

          Hoxe, os máis pequeniños do cole, estiveron na biblioteca resolvendo a súa misión. E fixérono estupendamente porque estaban moi atentos escoitando as pistas que Raiola lles ía deixando. Estes nenos/as son moi listos e atoparon moi rápido todos os sobres que os conducían ata a peza do puzzle que pouco a pouco se vai completando... que será? ainda hai que esperar que o resto de cursos resolva a súa misión para ver o puzzle enteiro.




https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/1%C2%BA%20misi%C3%B3n%203%20anos/template.swf
 

martes, 1 de abril de 2014

TEATRO

             O xoves 27 de marzo foi o día mundial do teatro, e no centro quixémolo celebrar na biblioteca e estrenando o novo escenario!!! A obra levaba por título "A súa vida" e foi representada polo grupo  Leda teatro. Trata da historia de dous nenos, un neno e unha nena, que nacen o mesmo día, e cóntannos o que lles vai acontecendo: van medrando, namorándose, estudiando, coidando un do outro... Para iso empregan varias técnicas: teatro de obxecto, clown, contos e todo misturado a través dos dous actores  ao longo dos episodios.
Foi unha tarde moi divertida na que desfrutamos e nos achegamos ao mundo do teatro. Agardamos pronto a volta destes dous artistazos: Estíbaliz Veiga e José Leis. Moitas grazas!!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/teatro/template.swf
 

sábado, 29 de marzo de 2014

1ª MISIÓN!!

 


                Para ler mellor a carta se pinchas encima dela ampliarase.


TREN DA PRIMAVERA.

           Xa hai tempo que chegarons os trenes da primavera ao centro. E esta vez veñen cargadiños de flores da primavera: margaridas, rosas, tulipáns, hortensias... O centro está moi bonito con tanto colorido!!. Mira as seguintes imaxes.
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/tren%20primavera/template.swf
 
 

sábado, 22 de marzo de 2014

A NOVA BIBLIOTECA.

        Onte celebramos un día moi especial no Centro . Inauguramos a nova biblioteca que esperamos sexa un lugar cheo de sorpresas e lecturas. Comezamos o acto agradecendo a colaboración do Concello, que tanto nos axudou na posta en marcha da mesma: cableado para postos de ordenadores e PDI e pintado da biblioteca; tamén da ANPA que nos axudou en absolutamente todo o que lles pedimos, incluida a chocolatada con biscoito tan riquísimo ao que nos convidou!! Moitas grazas!!.
Pero tamén ao profesorado, tanto deste ano como do anterior, e que algúns xa non están. Xa que participaron nun traballo longo, e sobre todo nos primeiros tempos, moi lento, xa que non se via o avance: expurgo, forrado de libros, reubicación dos mesmos, ordenar alfabéticamente nas baldas, catalogación no Meiga.. ademais de que participaron no proxecto de formación que se leva a cabo no Centro, fora do horario lectivo. A todos eles/elas MOITAS GRAZAS!!
        Tamén entregamos os premios do concurso "debuxa a Raiola na biblioteca". Ainda que só habería un gañador/a, eran tan bonitos os debuxos que se entregaron premios por ciclos. Fixo entrega dos mesmos o noso inspector: D. Félix Perujo del Llano. Estes son os gañadores:

                           -INFANTIL: HUGO PADERNE UZAL.
                           -1º CICLO: MIREYA SÁNCHEZ GARCÍA.
                           -2ª CICLO: ROCÍO DEL PILAR LUJÁN CHAVEZ.
                           -3º CICLO: UXÍA GARCÍA IGLESIAS.
 
          Noraboa aos gañadores e moitísmas grazas por participar ao resto dos nenos/as. Aquí podedes ver o bonitos que eran todos.

 
 
        Despois os nenos/as de 6º, os maiores do cole, que xa se nos marchan prontiño, realizaron esta presentación dos espazos da biblioteca que esperamos que vos guste.

 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/presentacion%20biblioteca/PRESENTACION%20BIBLIOTECA%20DEFINITIVA.swf
 
 
 
         A continuación, de novo os alumnos/as de 6º realizaron un teatro de sombras representando o conto de "Nadarín". E por último dimos boa conta do chocolate con biscoito que estaba delicioso!! aquí tedes imaxes destes momentos.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/inauguracion%20biblioteca/template.swf
 
 
      Por último aquí vos deixamos imaxes da nova biblioteca nesta presentación. Aproveitamos para dar as GRAZAS!!! a todas as persoas que se achegaron  ao Centro para compartir con nós este día!.
      E tamén queremos dar as grazas ás persoas sin as cales non sería posible esto, por un lado, a madeiras Seoane, que realizou os novos mobles e nos axudou moitísimos á hora de organizar os novos espazos, medidas,e guiándonos no que era mellor para nós; e tamén a Alba Varela González, que nos fixo toda a cartelería da nova biblioteca ademais de ambientala con detalles orixinais  que sen dúbida a fai tan especial!. Moitísimas grazas polo voso gran traballo e por ter tan grandes ideas!!.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/178976839/curso%202013-14/nova%20biblioteca/template.swf
 

miércoles, 19 de marzo de 2014

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA.

      Como todos e todas sabedes xa, inauguramos a nova biblioteca este venres!!! Estades todos/as convidados e.... agardannos sorpresas!!.