Outra das actividades que levamos a cabo nas Letras Galegas, foi a de ilustrar anaquiños de poemas de Díaz Castro. Realizamolos nas casas coas nosas familias e este foi o resultado.
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
lunes, 19 de mayo de 2014
sábado, 17 de mayo de 2014
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe é o día das Letras Galegas, e queremos deixarvos esta canción onde Mini e Mero musican o poema de Xosé María Díaz Castro: "Penélope".
NOVO ENLACE DO LIM DA 4ª MISIÓN.
A partir de agora, o enlace para xogar ao LIM (libro dixital multimedia) atoparase no lado dereito deste blog, para que sexa máis doado acceder a él e podades resolver a 4ª misión. Moita sorte!
RESOLVEMOS A 4ª MISIÓN EN 4 E 5 ANOS ANOS
Os nenos/as de 4 anos resolvemos tamén a nova misión na biblioteca. Pincha na imaxe para vernos.
Aquí podes ver a os nenos de 4 anos.
Aquí podes ver a os nenos de 5 anos.
viernes, 16 de mayo de 2014
TALLER DE COIRO
Hoxe rematamos as actividades organizadas para a semana das Letras Galegas. Esta vez, acudimos á biblioteca para realizar un taller de coiro no que fixemos pulseiras, bolsiñas e marcapáxinas. Pincha na imaxe para vernos.
jueves, 15 de mayo de 2014
O HOME ORQUESTA
Hoxe continuamos coa celebración da semana das letras galegas. Esta vez recibimos no cole ao home orquesta que nos animou moito a sesión da tarde. Estivemos no patio de primaria cantando e bailando ao son da súa música. Que ben o pasamos!!.
miércoles, 14 de mayo de 2014
RESOLVEMOS A 4ª MISIÓN
Os nenos/as de 3 anos xa resolvemos a 4ª misión. Para iso estivemos xogando na pizarra dixital (PDI), o cal nos serviu para atopar a resposta. Para vernos pincha na imaxe.
XOGOS POPULARES
Hoxe realizamos a terceira xornada de actividades adicadas ás letras galegas. Nesta ocasión participamos en xogos populares que se estableceron nos patios de primaria e infantil. Para vernos preme nas seguintes imaxes.
martes, 13 de mayo de 2014
XOGOS COAS LETRAS GALEGAS.
Hoxe continuamos no centro coas actividades programadas para conmemorar a semana das letras galegas. Nesta ocasión, a actividade estaba proposta polo concello. Comezamos co alumnado de infantil, que acudiu á biblioteca e participaron no "tesouro da bruxa maruxa", na que houbo preguntas, xogos, e moita diversión... Podedes vernos se pinchas na imaxe.
Despois, os nenos/as de primaria, realizaron a actividade "Galicia país das letras" no pabellón. Se pinchas na imaxe poderás vernos.
Aquí veredes a os nenos/as de 3º ciclo.
lunes, 12 de mayo de 2014
AS NOSAS ACTUACIÓNS
Hoxe comezamos a celebración da semana das letras galegas e fixémolo coas nosas actuacións. Participamos bailando, con teatro, cancións... Foi unha xornada moi divertida, no que actuamos e miramos tamén aos nosos compañeiros/as. E ademais fixémolo todos moi ben!!.
E aquí tedes o baile de 2º.
domingo, 11 de mayo de 2014
A XOGAR!!!
Se queres comezar a preparar a misión podes xogar no seguinte libro interactivo (LIM) sobre a misión 4ª. Seguro que che axudará a resolvela. Ánimo!!. Pincha na imaxe para comezar a xogar.
sábado, 10 de mayo de 2014
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Para conmemorar as Letras Galegas, que será o vindeiro 17 de maio, no Centro temos preparado un montón de actividades :
O luns 12 realizaremos as seguintes actividades na biblioteca:
O luns 12 realizaremos as seguintes actividades na biblioteca:
- Baile "O sol", canción de Suso Vaamonde de un poema de Manuel María recollido no traballo "Soños na gaiola". Actuación de educación infantil.
- Teatro: dramatización do conto "Dona Carme". Alumnado de 1º.
- Teatro lido: "Un mosquito de nome Henri". Alumnado de 3º.
- Teatro: "A disputa entre as letras". Alumnado de 4º.
- Canción-baile: "En galego falo". Alumnado de 2º.
O martes 13 realizaranse actividades organizadas polo concello:
- "O tesouro da bruxa maruxa" dirixido ao alumnado de infantil.
- "Galicia país das letras" dirixido ao alumnado de primaria.
O mércores 14, realizaranse actividades de xogos populares. No patio de primaria estableceránse diversas estacións polas que irán rotando os diferentes cursos. No patio de infantil prepararánse 3 xogos polos que rotarán os tres grupos.
O xoves 15, recibiremos no Centro pola tarde ao home orquesta.
O venres 16 realizaremos un taller de coiro, polo que pasarán os diferentes grupos realizando diferentes elementos en coiro: pulseras, marcapáxinas e bolsiñas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











