O venres 28 de outubro celebramos no cole a festa do Samaín e un magosto onde comeremos castañas a puñados!!!!!!!!!! Haberá tamén un concurso de cabazas onde se premiará a cabaza máis marítima e haberá un pequeno premio para todos os alumn@s por participar.
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
jueves, 27 de octubre de 2016
lunes, 24 de octubre de 2016
Visionado de "Charlie y la fábrica de chocolate" no club de lectura
Outra das actividades que temos no cole é o "Club de lectura", que se realiza na biblioteca do centro polas tardes despois de comer. Ao longo do curso os nen@s de 5º e 6º curso traballarán con varios libros e algún día verán unha peli relacionada co libro.
Neste caso o libro a traballar é "Charlie y la fábrica de chocolate", e esta vez os alumn@s puideron ver a película de Tim Burton basada no libro, con palomitas e chuchuerías "wonka" incluídas!!!!!!!!!!!!!!!!!! :-)

Cantándolle ao mar na biblioteca: empezamos o proxecto!!!!!!!!!!!!
O proxecto que imos a traballar este ano no cole está dedicado ao mundo do mar. Xa dende os primeiros días de curso empezamos a adornar e a ambientar o centro con motivos marítimos e hoxe luns 24 de outubro fixemos a primeira actividade importante relacionada co proxecto.
Membros do grupo folclórico "Leira Buxo" estiveron na biblioteca do centro cantándonos cancións relacionadas co mar como "Na beira do mar", "A Rianxeira" ou "Glu, Glu, Glu", e todo o alumnado participou cantando con eles e pasárono realmente xenial.!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Animamos a todo o alumnado a que vaian comentando no blog a súa opinión sobre as actividades que iremos facendo ao longo deste curso ou calquer tipo de comentario que desexen.
jueves, 20 de octubre de 2016
Aprendemos a programar con Scratch
O martes 18 de outubro, os alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, asistiron na ludoteca a un taller de programación de Scratch ofrecido pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Curtis.
Foi unha experiencia realmente divertida e moi didáctica, onde os nenos e nenas se introduciron no mundo da programación mediante o programa Scratch, co cal aprenderon a facer animacións e sinxelos e xogos usando o ordenador.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que os alumn@s están desexando repetir.
https://scratch.mit.edu/
https://es.wikipedia.org/wiki/Scratch_(lenguaje_de_programaci%C3%B3n)
http://www.xataka.com/aplicaciones/como-iniciar-a-un-nino-en-la-programacion-desde-cero-con-scratch

viernes, 14 de octubre de 2016
Preparación do Samaín e Magosto
O 28 de outubro celebraremos a festa do Samaín e do Magosto no cole e xa estamos empezando a ambientar o noso centro. Este ano será unha festa moi marítima e con concurso de cabazas incluído e un espectacular magosto que faremos a partir das 12:00, onde comeremos castañas ata fartar!!!!!!!!!!!!!
jueves, 6 de octubre de 2016
Queridos alumnos e alumnas. comezamos un novo curso con moita ilusión e ledicia.
Este curso imos adicar o novo proxecto da biblioteca a coñecer o mundo do mar.
Trataremos de navegar xuntos cheos de fantasia e con moitas ganas de conecer e facer cousas novas.
Tamén continuaremos co club de lectura que será un luns pola tarde cada mes. Xa vos avisaremos.
BENVIDOS AO CURSO 2016 - 2017

martes, 23 de febrero de 2016
TALLER DE CARETAS
Xa podedes ver as caretas que realizaron os alumnos do CEIP de CURTIS no TALLER que tivo lugar o 25 de xaneiro. As caretas estiveron inspiradas no mundo do circo e quedaron así de bonitas:
lunes, 15 de febrero de 2016
Videos do Festival de Nadal e da celebración do Entroido
Xa se poden ver en Youtube os dous videos das actuacións que os alumnos e alumnas do cole fixeron no Festival do Nadal e no Entroido.
Esperamos que vos gusten!!!!
Esperamos que vos gusten!!!!
martes, 19 de enero de 2016
CHEGOU RAIOLA ... CUN REGALO
A xirafa Raiola acábase de enterar ...de que o mundo do circo imos traballar. Gustaríalle botarnos unha man e uns caderniños nos entregou para que moitas cousas do circo poidamos aprender.
martes, 15 de diciembre de 2015
DÍA DA CONSTITUCIÓN
O 6 de decembro celebramos o Día da Constitución e todos os nen@s do noso cole investigamos coa axuda das nosas familias que era a Constitución.
Recollemos por escrito as nosas conclusións e fixemos unha exposición no corredor do centro. A continuación deixamos unhas fotos da nosa actividade.
Recollemos por escrito as nosas conclusións e fixemos unha exposición no corredor do centro. A continuación deixamos unhas fotos da nosa actividade.
TALLER DE CARACTERIZACIÓN
O luns tivo lugar un taller de caracterización de personaxes do circo para os alumnos de primaria. Aquí tedes algunhas fotografías:
martes, 27 de octubre de 2015
DÍA DA BIBBLIOTECA
O venres celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA. Estas foron as recomendacións dos alumnos do noso centro que podedes ver na entrada:
jueves, 22 de octubre de 2015
DIA DA BIBLIOTECA
O vindeiro 24 de outubro celebraremos o DÍA DA BIBLIOTECA. Dende a Biblioteca do cole propoñemos unha actividade chamada "RECOMÉNDOCHE..." na que cada alumno debuxará a portada do libro que lle recomenda aos compañeiros, incluindo o título, o autor e a editorial. Con todas estas aportacións faremos un mural na entrada da Biblioteca.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)