martes, 7 de marzo de 2017

Festa do Entroido

Este ano no CEIP de Curtis volvimos a celebrar o Entroido, onde predominaron os disfraces con motivos mariñeiros, para traballar contidos do proxecto.
Primeiro no cole merendamos moitas filloas, orellas e rosquillas e bailamos e cantamos un pouquiño.
A novidade deste ano é que fixemos un pasarrúas polo pobo, e desta forma tamén fixemos partícipes desta festa a toda a comunidade educativa, para recordar desta forma que a comunidade educativa non reside soamente no centro escolar, así todos os pais, nais e veciños tamén foron partícipes do entroido mariñeiro do cole!!!!!!!!!!!!!!
A continuación podedes ver un video e moitas fotos





































miércoles, 8 de febrero de 2017

Día da Paz

O luns 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz e xuntámonos tod@s @s alumn@s e profes para cantar xuntos dúas cancións para celebrar a paz: "Mensajes del agua" de Macaco e o "Rap da Paz", un rap composto entre tod@s @s alumn@s do cole.







jueves, 19 de enero de 2017

Excursión á Coruña

O luns 16 de Xaneiro, fumos tod@s de excursión á Coruña e visitamos o museo Domus e o acuario. Foi unha experiencia inolvidable e moi divertida, onde a parte de pasalo moi ben tamén aprendimos moitas cousas sobre ciencia e o mundo do mar.



















Festival de Nadal

Este Nadal, como tódolos anos, celebramos no CEIP de Curtis un Festival de Nadal no cal participaron todos @s alumn@s do cole, nunha actuación onde houbo de todo: obras de teatro, bailes, panxoliñas e todo tipo de cancións. A actuación foi na biblioteca do centro onde tamén asistiron como público os papás d@s alumn@s!!!!!
Aquí podedes ver algunha foto do evento e os videos da actuación que xa se poden ver en Youtube.
Esperamos que vos guste!!!!!







lunes, 5 de diciembre de 2016

Ambiente navideño no coso cole

O Nadal está cada vez máis preto e no CEIP de Curtis xa estamos decorando o centro con motivos marítimo-navideños: árbore de Nadal, Reis Magos en lancha e uns chulísimos faros fabricados pol@s nos@s alumn@s.
Que bonito está quedando!!!!





lunes, 28 de noviembre de 2016

Teatro sobre a igualdade de xénero

O xoves 24 de novembro, o alumnado de primaria foi a unha función de teatro no Salón do Recinto Feiral de Curtis. A función titulábase "Os roedores". Unha función moi divertida protagonizada por unha rata e un hamster, na cal se refelxionaba sobre a igualdade de xénero e se representaban tamén outra serie de valores moi útiles para que @s nos@s rapaces tomen conciencia sobre a educación en igualdade e a educación en valores.
Unha obra moi divertida e moi didáctica!!!