viernes, 23 de marzo de 2018

Charla das nais traballadoras do campo

O mércores 7 de marzo celebramos na biblioteca do centro o Día da Muller Traballadora, e para elo tres nais de alumn@s do colexio viñeron a darnos unha charla para contarnos as súas experiencias como mulleres traballadoras do campo.
Foi unha charla moi didáctica e constructiva, na que aprendimo moitas cousas.
Moitas gracias a tódalas nais!!!!!!!!!!!!!!








viernes, 16 de marzo de 2018

Facendo pan no colexio

O 15 de marzo, @s alumn@s de 1º, 2º, 3º e 4º curso, guíados polas titoras de 4º e 2º, Mari e Chus, estiveron facendo o seu propio pan no comedor do centro. Esta actividade estivo encuadrada dentro das diferentes acitividades que estamos facendo co motivo do proxecto que estamos traballando este curso, "A vida no campo"
Que divertido foi e que rico estaba o pan!!!!!!






jueves, 22 de febrero de 2018

Concurso cartas de amor

Xa temos gañadoras do concurso de cartas de amor: Laura Vázquez Vázquez (6º), Nerea Varela Vázquez (6º), Martina García López (5º)
As cartas foron realmente emocionantes e rebosantes de sensibilidade. 
A nosa máis sincera noraboa ás gañadoras!!!!!!!!!!!







Desfile do entroido

O venres, 9 de Febreiro, organizamos no cole un desfile de Entroido que fixemos no pabellón polideportivo. Este ano os nenos e nenas levaban disfraces que estaban relacionados co proxecto deste curso "A vida no campo".
Despois deste gran espectáculo os nenos e nenas de infantil e primaria puideron disfrutar dunha riquísima merenda no comedor do cole con rosquillas, filloas, crepes...

























martes, 6 de febrero de 2018

Xa é entroido no cole

Xa temos o cole decorado con todas as máscaras que fixeron @s nos@s alumn@s con todo o seu talento e bon gusto.





lunes, 29 de enero de 2018

Día da PAZ

O día 30 de xaneiro, estivemos celebrando o día da PAZ cunha actuación por parte dos nenos e nenas da canción titulada "SE BUSCAN VALIENTES" de El Langui, unha canción de loita contra o acoso escolar.



Cartas de AMOR

Porque é inevitable cada día non vivir o AMOR, imos expresalo dunha maneira tradicional a través de CARTAS. Na carta quedará reflectido o sentimento con respecto a esta palabra: AMOR.
Con este tipo de actividade queremos fomentar unha escritura coherente, con boa ortografía, saber expresar os nosos sentimentos.
Dende a biblioteca fíxose un chamamento ao alumnado para participar no seguinte concurso:




miércoles, 10 de enero de 2018

Novos exemplares para a nosa biblioteca

No 2017, como nos portamos tan ben, os reis magos pasaron polo noso cole e deixáronnos un montón de novos libros para a biblioteca do noso centro, para que todos/as os nenos e nenas poidan consultar e ler!!!!!