martes, 9 de abril de 2019

EMISIÓN EN PROBAS


Estamos a ultimar os detalles para que a nosa emisora de radio RADIOLA comece a funcionar. O vindeiro venres 12 de abril poderedes escoitar no noso patio durante o recreo o PRIMEIRO PROGRAMA.

LOS FUTBOLÍSIMOS - EL MISTERIO DE LOS SIETE GOLES EN PROPIA PUERTA



Hoxe tivo lugar na nosa biblioteca a presentación do novo libro dos "Futbolísimos" para o Club de Lectura que leva por título "El misterio de los siete goles en propia puerta".
Desexamos que sexa do agrado dos nosos lectores e que disfruten da súa lectura nas vacacións.

lunes, 8 de abril de 2019

UN MUNDO CHEO DE PERSONAXES


O venres 5 durante o recreo os alumnos e alumnas do colexio decoraron e colorearon os personaxes dos seus contos favoritos e desfrutaron xuntos dun momento moi divertido.

Non perdades o que ocorrerá o próximo venres, agardámosvos na BIBLIO!
 Non deixedes de ler, vós sodes os auténticos protagonistas







domingo, 31 de marzo de 2019

CONCURSO DE LOGOS PARA A NOSA RADIO



Xa temos lema para a nosa radio!
                                                        RADIO RADIOLA 
                                                    A RADIO QUE MÁIS MOLA 
                                                   A RADIO DA NOSA ESCOLA

Tamén precisamos un logo, por iso convocamos un concurso de logos para a nosa radio no que todos podedes participar. Podedes parcipar facándonos chegar a vosa proposta ata o día 5 de abril. 

jueves, 14 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA NA BIBLIO


Este venres 15 durante o recreo xogaremos cos titulares dos xornais para así formar os títulos máis disparatados que se nos ocorran, estades preparad@s para convertervos nos mellores xornalistas?


Agardámosvos a tod@s
FELIZ SEMANA DA PRENSA




lunes, 25 de febrero de 2019

Telexornal Curtis: Entroido



O vindeiro venres, 1 de marzo, celebraremos o ENTROIDO. Se o tempo o permite, sairemos a desfilar polas rúas do pobo a partir das 10:30h. En caso de choiva poderedes disfrutar das comparsas no pavillón polideportivo.




CLUB DE LECTURA/ PELÍCULA LOS FUTBOLÍSIMOS

Na sesión de hoxe disfrutamos da versión cinematográfica do libro que lemos "LOS FUTBOLÍSIMOS", como vedes foi moi entretido. No seguinte encontro, presentaremos o seguinte libro para ler, adiviñades cal poderá ser?






jueves, 21 de febrero de 2019

OBRADOIRO DE CARETAS NA BIBLIOTECA


Achégase o Entroido, e dende a biblioteca levaremos a cabo un obradoiro de caretas para todos os nenos e nenas do noso colexio.
Organizarémonos en dous turnos:
- Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria o venres 22 de febreiro.
- Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria o luns 25 de febreiro.

Non esquezades anotarvos, esperámosvos!
A DESFRUTAR DO ENTROIDO


martes, 12 de febrero de 2019

PAZ + RADIO = O PASAPALABRA DA PAZ DE 4º

O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e o 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio; por iso, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria pensaron en facer un "PASAPALABRA DA PAZ" con palabras relacionadas coa PAZ e a CONVIVENCIA, e todo como se dun programa de radio se tratara, son uns auténticos reporteiros e reporteiras!

Lograredes adiviñar as palabras? Anímate e escóitanos!