martes, 19 de noviembre de 2019

CLUB DE LECTURA - PRIMEIRA SESIÓN




Aquí tedes a presentación do libro que imos ler no Club de Lectura. Un libro moi doce "Charlie y la Fábrica de Chocolate" de Roahl Dahl. Despoís da lectura do primeiro capítulo ... quedaron con ganas de mais. Lembrade, a próxima sesión será o 9 de decembro as 15:00 horas.

viernes, 15 de noviembre de 2019

UN CONTO, UNHA MALETA- VIAXE A GROENLANDIA

Aquí tedes algunhas recomendacións para o proxecto "UN CONTO, UNHA MALETA" para os nenos de 5º de Infantil que traballan sobre GROENLANDIA.

CLUB DE LECTURA





A primeira reunión do CLUB DE LECTURA terá lugar na nosa Biblioteca o luns 18 de novembro ás 15:00 horas. Xa recibiches a túa invitación? Agardámoste.

jueves, 31 de octubre de 2019

SAÍDA ... AO MUPEGA E AO TEATRO

O pasado 29 de outubro os alumnod de 4º, 5º e 6º de educación primaria fixeron una saída a Santiago. Primeiro visitaron o MUPEGA para facer un percorrido pola historia do ensino en Galicia dende o século XIX e poñer en valor o patrimonio educativo galego.
Tamén asistiron á obra de teatro "Troya" da man de Zarándula Comunicación Cultural que aborda os fraudes tecnolóxicos. Cada día son máis habituais os fraudes tecnolóxicos e moita xente xoven vese afectado por ese tipo de estafas e os protagonistas da obra, Héctor, Helena e Alexandro, tamén serán víctimas desta situación fraudulenta.


miércoles, 30 de octubre de 2019

CELEBRAMOS O MAGOSTO


O mercores 30 de outubro festexamos o magosto por todo o alto. Desfixémonos dos pesares e das teimas que botáramos á caixa dos medos queimándoos. Tamén degustamos o asado de castañas, todos xuntos, grandes e pequenos, grazas ao castañeiro que nos acompañou neste día.

domingo, 27 de octubre de 2019

EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN

Esta semana, os alumnos e familias adornaron estas fantáticas cabazas coa temática do proxecto deste curso: "UN CONTO, UNHA MALETA". Velaquía as mostras do seu traballo. 






Podedes ver a exposición de cabazas que este curso estiveron inspiradas no proxecto "Un conto... unha maleta". Dende Groenlandia a China, de Rusia a Cuba, … o resultado foi fantástico. Noraboa aos participantes. 

jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DA BIBLIOTECA - PRESENTAMOS O PROXECTO UN CONTO UNHA MALETA



No noso cole coincidindo co día da biblioteca, o 24 de outubro, inauguramos o proxecto "Un conto, unha maleta". Aproveitemos para expoñer, por cursos, representacións de contos relacionados con cada país do proxecto de centro.
Empezamos escoitando "viaxando a Kenia", logo chegamos ata Estados Unidos a través do conto "Pequeno xigante" e camiñamos cara o norte prestando atención ao poema “Groenlandia”. A nosa viaxe continuou mediante “Hércules e o Xigante”, “O nacemento do dragón” e “Matrioska”. Dirixímonos de novo ao continente americano para saber cal foi “el primer baile del hombre”, a continuación unha momia asustounos a través do “conto da momia”. Tamén descubrimos “o noso principiño” e rematamos a viaxe con “Cirilo e a grulla”.
Podedes adiviñar a que países viaxamos a través do título dos nosos contos?


martes, 15 de octubre de 2019

SAÍDA ... AO TEATRO CON GALICREQUES



O luns 14 de outubro, os alumnos de Educación Infantil disfrutaron da representación teatral "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquello na cabeza" no Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela a cargo da compañía Galicreques.
Querédela ver outra vez?



domingo, 13 de octubre de 2019

COMEZAN A ANDAINA AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa comezou a andaina das MOCHILAS VIAXEIRAS. As mochilas van cargadas con moitas propostas de lectura interesantes de lectura. Nos esquezades deixar os vosos comentarios no caderno de Raiola. Boa Viaxe!

miércoles, 11 de septiembre de 2019

BENVIDOS AO CURSO 2019/20



Benvidos! Inaguramos o novo curso 2019/20. Dende a nosa biblioteca este ano propoñemos un novo proxecto: "Un conto, unha maleta". Atréveste a viaxar con nós?