Como vedes á nosa biblio ten novo aspecto, con novos recunchos para poder disfrutar da lectura e das actividades.
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
Como vedes á nosa biblio ten novo aspecto, con novos recunchos para poder disfrutar da lectura e das actividades.
Co motivo do Día da Infancia os nenos e nenas do cole investigaron sobre diferentes asociacións que axudan a menores con dificultades.
Coma xa sabedes durante o confinamento ofrecemos a posibilidade de acceder á plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas GaliciaLe.
Esta plataforma é un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital organizado por temáticas e idades que contén un catálogo de obras en galego e en castelán.
As obras ofrecidas a través deste servizopoderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tablets, teléfonos móviles e ordenadores.
A Biblioteca do Ceip de Curtis en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Teixeiro ofrece a posibilidade de que os alumnos e mestres do Ceip de Curtis poidan xestionar a solicitude do carné de usuarioda Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e así acceder á plataforma de préstamo.
Este curso celebramos o Magosto facendo manualidades con castañas podedes ver como quedaron no seguinte video:
Como ben sabedes estamos vivindo uns momentos distintos na sociedade e tamén na escola. Esta é unha NOVA REALIDADE e quixemos que así se chamase o noso proxecto de biblioteca este curso.
Cada curso poñemos en marcha o noso proxecto facéndoo coincidir co Día da Biblioteca, 24 de outubro.
Do mesmo xeito que facemos falta para combater esta pandemia chamada COVID 19, tamén facemos falta todos e todas para celebrar o Día da Biblioteca.
Meus queridos amigos e amigas a nosa vida é coma un libro, porque tanto na vida coma nos libros hai un montón de historias. Neste momento estamos nun capítulo ben especial no que todos temos que colaborar, facendo o que nos mandan polo ben noso e do mundo.
O equipo da Biblioteca
Co fin de garantir un acceso seguro á nosa biblioteca estableceuse un protolo de funcionamento ante a nova situación sanitaria xerada polo COVID-19.
Ola de novo!!! Un novo curso está a comezar cargadiño de actividades.
Estade atentos porque este curso a nosa Biblioteca ven cargada de novidades, actividades, mochilas viaxeiras, ... e máis.
RAIOLA