viernes, 5 de marzo de 2021

RADIO RADIOLA/EMISIÓN DE 4º DE PRIMARIA


O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego “nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá” despedímonos ata a próxima emisión.  
Dádelle ao play para escoitarnos.




 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 


Chegou un novo correo de Howarts para os membros do noso club de lectura para reunirnos de novo vindeiro 8 de marzo. Non faltedes!!

viernes, 26 de febrero de 2021

RADIO RADIOLA/EMISIÓN DE 3º DE PRIMARIA

 



O venres 26 de febreiro, o alumnado de terceio de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 24 de febreiro, decidimos que o noso programa estivese adicado a Rosalía de Castro. 
Dádelle ao play para escoitarnos.





jueves, 18 de febrero de 2021

COCIÑANDO DOCES DE ENTROIDO

Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro, os alumnos, alumna e mestras do CEIP de Curtis trouxeron cada día da semana o que mandaba o Meco. 0 día 12 cada un trouxi o disfraz que quixo, aínda que se propuxo que tivese que ter co tema do proxecto: unha nova realidade.

Tamén foron mandando fotos facendo os postres típicos do entroido na casa: filloas, rosquillas, orellas, ... Hai que dar moitas grazas pola colaboración dos nenos e nenas así como das familias. 














    

viernes, 12 de febrero de 2021

RADIO RADIOLA/ EMISIÓN DE 5º DE PRIMARIA

Con motivo do Día Mundial da Radio e do Día do Amor os alumnos de quito de primaria escribiron un conto que titularon: "Un taller de cariño" e que levaron á radio Raiola para compartir con todos o AMOR, tan necesario nesta nova realidade
Que o amor e a saude estea sempre con tod@s.





 

lunes, 1 de febrero de 2021

OBRADOIRO DE CORAZÓNS

 Dende  o  CEIP de Curtis    os nenos e nenas  queren   desexar  ao  mundo   AMOR  .

Un AMOR con letras maiúsculas , porque o amor   é cariño , confianza , dozura, sorrisos...

Están  elaborando uns corazóns  para  que no seu pobo  se palpe  un ambiente de AMOR .

Aí  tedes












A PAZ É UN "CANTO Á VIDA"

 No  CEIP  de Curtis  celebramos  A PAZ  cada día do ano , pero  como  esta celebración   ten un día marcado no calendario , o  30  de xaneiro .

Para este día , os nenos e nenas do centro  decoraron   Pombas da Paz  , cada un ao seu xeito,  e pegáronas  nas cortizas dos seus corredores .

Durante  toda a semana  estivemos escoitando   a canción  de Vanesa Martín  " Un canto  a la vida " .
Elixiuse esta canción  porque  a situación que estamos a vivir  , nesta nova realidade  só  temos que cantarlle  á VIDA .














viernes, 22 de enero de 2021

OBRADOIRO DE CONTOS E TRADICIÓNS CON SOLEDAD FELLOZA

 


Os días 18 e 19 de xaneiro os alumnos de 3º, 4º , 5º e 6º tiveron a oportunidade de contar coa presencia de Soledad Felloza quen impartiu un obradoiro de narración oral na radio titulado "Contos e tradición". 
A radio é un medio de transmisión oral, e polo tanto é un medio axeitado para a difusión, rexistro, recuperación e narración de historias na que a voz vai directa ao ointe. Iso permite aos nenos e nenas "locutores" crear un universo inmenso só coa voz: a voz pode ser vento, mar, animais, chuvia, ... Contar contos e diexar voar a imaxinación. 
Neste obradoiro os nosos alumnos puideron traballar diferentes maneiras de narrar historias "so para as orellas".

viernes, 15 de enero de 2021

CURTIS SALVA O NADAL

 


Con estas liñas queremos agradecer á Asociación de Comerciantes de Curtis a donación de 4 exemplares do conto "Curtis salva o Nadal" para a nosa biblioteca.
Esperamos poder seguir coa vosa colaboración.


O Equipo da Biblioteca

martes, 12 de enero de 2021

CONTOS E TRADICIÓN/OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL NA RADIO

 


Os vindeiros 18 e 19 de xaneiro terá lugar na nosa biblioteca un obradoiro de narración oral para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria dentro do programa "Radio na biblio". Da man da actriz, contadora de historias, escritora e dramaturga Soledad Felloza e co título "Contos e tradición" traballarán diferentes maneiras de narrar historias "só para orellas".