miércoles, 16 de febrero de 2022

ÉRASE UNHA VEZ ... UN CONTACONTOS

Hoxe, os alumnos de infantil, 1º e 2º de primaria puideron disfrutar dun contacontos da man de Benxamín Míguez Novoa, gran contador de historias e debuxante que marabillou aos máis pequenos.





lunes, 14 de febrero de 2022

DÍA DA RADIO- RADIO RADIOLA


O día da radio proclamado en 2011 polos estados membros da Unesco e adoptado pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas en 2012 como Día Internacional, o 13 de febreiro e convertiuse no Día Mundial da Radio. 
Nos celebrámolo cunha emisión especial da man dos alumnos de 6º de primaria, na que interpretaron a obra de teatro de Carlos Casares, "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas", escrita a principios dos anos setenta xa é un clásico da literatura infantil que gañou o Concurso de Textos Teatrais O Facho en 1973. A obra foi editada coas ilustracións orixinais do pintos galego Luis Seoane.






lunes, 7 de febrero de 2022

LENDO NA BIBLIO ... CON UVA


Hoxe recibimos a visita de Uva, unha cadela que ao longo deste curso acompañará aos alumnos do Ceip de Curtis nas súas lecturas. Nesta primeira visita acompañou as lecturas dos alumnos de 1º de primaria: "A festa no faiado" de María Visctoria Moreno.








viernes, 4 de febrero de 2022

CANDELORIA - DÍA DA LECTURA EN VOZ ALTA

 


En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega conmemoramos conxuntamente a Candeloria que se conmemora o 2 de febreiro e o Día da lectura en voz alta. Os alumnos recitaron un poema adicado ao amor.







DÍA DA ILUSTRACIÓN


 Con motivo do Día da Ilustración os alumnos e alumnas do noso centro ilustraron o seu conto favorito. Con elas fixemos unha pequena exposición no noso Museo Curtis Exprés que xa vai tomando forma. 

lunes, 31 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

 


O pasado 30 de xaneiro conmemorouse o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ. Os alumnos e alumnas de 2º de primaria contáronnos a historia de Sadako Sasaki e a lenda das mi grúas. Ademáis entre todos construímos un mural coas nosas mans deixando a pegada de todos e todas.



lunes, 24 de enero de 2022

SESION DE CINE NO CLUB DE LECTURA


Como xa sabedes o noso club de lectura leva por título "DO LIBRO AO CINE" e unha vez rematado o libro compre ver a súa versión cinematográfica.
A Biblioteca do Ceip de Curtis pon a disposición do club de lectura o DVD da película "Charlie e a fábrica de Chocolate" na versión dirixida por Tim Burton para que pasedes unha tarde de cine na casa sen esquecer ningún detalle. 
Durante o mes de febreiro continuaremos coas sesión do club de forma presencial. Lembrade que o seguinte libro que saiu na votacion e As bruxas, de Roald Dahl. 
En breve repartiremos os exemplares.





 

NOVIDADES NA BIBLIO. LECTURAS EN INGLÉS


En colaboración co departamento de inglés do noso centro achegámosbos estos títulos en inglés que poderedes levar en préstamo. Agardamos que vos gusten moito!

 

martes, 18 de enero de 2022

miércoles, 22 de diciembre de 2021

CLUB DE LECTURA ... A BUSCA DO BILLETE DOURADO

O pasado luns os membros do Club de Lectura participaron na derradeira actividade do ano. A busca do billete dourado na biblioteca. As pistas estaban ben agachadas pero os nosos alumnos foron quen de superar a proba. Noraboa!!








 

jueves, 16 de diciembre de 2021

VISITA DOS USUARIOS DO CENTRO DE DÍA

Hoxe, o alumnado e as mestras de quinto de primaria rebiron a visita dos usuarios do Centro de Día de Curtis, cos cales xa mantiveran unha conversa telemática un mes antes.

Intercambiamos conversas, cancións, bailes, panxoliñas, ...e tamén agasallos. Os nenos realizaron unhas postais personalizadas para cada usuario e eles elaboraron uns xabóns  para os neno.

Foi un encontro agradable, emotivo e especial. Agardamos vernos de novo!