Os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo, achegáronse este venres á biblioteca. Alí estaba esperándoos Ignacio de Lalín, que tiña un montón de historias moi graciosas que contarlles. Escoitaron atentos e riron moitisimo!!! Que ben o pasamos!!
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
lunes, 18 de noviembre de 2013
martes, 5 de noviembre de 2013
CONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA.
Inauguramos este ano a biblioteca cos contos de medo, unha das actividades que se realizaron no centro para conmemorar o Samaín. A biblioteca ambientouse creando un recanto de medo: teas de araña, monstruos, velas, cabazas, e... escuridade....sssssh!
Aquí vos deixamos os enlaces a algún dos blogs do Centro, onde podedes ver a actividade
E tamén saimos na prensa!! Onde se recolle esta actividade que levamos a cabo. Pincha na foto para ver a noticia.
viernes, 21 de junio de 2013
domingo, 2 de junio de 2013
MERCADILLO NA BIBLIOTECA.
Ampliamos unha semana máis o mercadillo na biblioteca. Esta semana, dendo o luns 3 de xuño ata o venres 7 de xuño, poderedes achegarvos á biblioteca de 12:00 a 12:30 para adquirir libros. Estarán á venta os libros de consulta, como viña sendo habitual. Pero esta semana ademais, estarán libros do 1º, 2º e 3º ciclo. Agardámosvos!
BENVID@S!!
Benvid@s ao novo blog da biblioteca de Curtis. A través deste blog informarémosvos das diferentes actividades que iremos realizando arredor dos libros e a lectura. Aproveitamos para decirvos que poderedes deixar comentarios e así coñeceremos a vosa opinión do que imos realizando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







