Rematamos este curso que veu cargado de moitas noticias na nova biblioteca: actuacións, misións, pistas, xogos, agasallos... pero esto é só o comezo porque o ano que ven agárdannos sorpresas!! Dende o equipo da biblioteca desexámosvos un moi feliz verán e que leades moito!! Vémonos en setembro. Felices lecturas!!!
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
sábado, 21 de junio de 2014
DIPLOMAS
O venres rematamos as clases e para celebralo fixemos unha saída ao cine. Pero á volta agardábannos sorpresas. Realizamos unha comida no comedor no que estabamos todos. E alí, aproveitamos o momento para entregar aos nosos nenos, os maiores do cole, o alumnado de 6º, un diploma por rematar a educación primaria e que non se olviden de nós. Saben que os botaremos un montón de menos e que aquí teñen a sua casa e que poden volver cando o precisen. Moita sorte na vosa nova andaina!!!.
lunes, 16 de junio de 2014
TOMBOLA DE INFANTIL
Hoxe comezamos a tómbola cos nenos/as de infantil. Acudiron á biblioteca a canxear as pegadas conseguidas ao longo das misións, por regalos. Tiñamos que mirar cantas pegadas tiñamos e canto custaba o agasallo que queriamos... a veces decidirse era difícil... pincha na imaxe para ver os nosos regalos.
sábado, 14 de junio de 2014
TREN DE CHOCOLATE
Para festexar o remate do proxecto documental, realizamos un enorme tren de chocolate co que agasallamos aos nosos alumnos. O encargado de cada clase tiña que traer a pegada de Raiola que conseguiran de xeito grupal coa primeira misión. Deste xeito levaban para a súa aula un vagón do tren de chocolate que estaba riquísimo!!. Pero antes de comelo, todos os nenos/as baixaron á biblioteca a velo... que chulo quedou!!.
Pero ainda quedan máis sorpresas... o luns comenzamos coa tómbola dos agasallos, onde o alumnado canxeará as pegadas conseguidas ao longo das misións por premios...
sábado, 7 de junio de 2014
REALIZAMOS A ÚLTIMA MISIÓN
Aquí podedes ver diferentes cursos realizando a última misión. Estaban todos moi concentrados.. e fixérono xenial!!!.
Alumnos/as de 3 anos
Alumnos/as de 4 anos
Alumnos/as de 5 anos
Alumnos/as de 3º
Alumnos/as de 4º
miércoles, 28 de mayo de 2014
OS NENOS/AS DE 2º RESOLVEN A 4ª MISIÓN.
Os nenos/as de 2º resolveron a 4ª misión estupendamente!!! estiveron moi atentos ás pistas e non tiveron ningunha dificultade! Noraboa!!
Pincha na imaxe para velos.
martes, 27 de mayo de 2014
CONTACONTOS
Unha vez máis os pequeniños do cole e os nenos/as de 1º ciclo acudimos á biblioteca para escoitar un fermosísimo conto de Doris, que como sempre nos encantou!! Moitas grazas Doris!!. Esta vez, a historia partia dun cadro do artista lucense, afincado en Nova York, Antonio Murado. Gustouno moito e ao tempo, escoitabamos sons da natureza que Doris facía con instrumentos: vento soprando, tronos, choiva...
Por último fixemos un cadro para a nosa clase. Par iso, Doris axudounos. Primeiro poñíamos a folla nunha caixa especial, logo metíamos os pinceis que queríamos: cunchas, pedras, piñas... logo cerrábamos a caixa e había que axitar un pouquiño. Sairon uns cadros preciosos!!!!.
Para ver a os nenos/as de infantil pincha aquí.
Para ver a os nenos/as de 1º ciclo pincha aquí.
lunes, 26 de mayo de 2014
ÚLTIMA MISIÓN!!!
Xa chegamos ao final do noso proxecto do tren e tócanos realizar a última misión. Tedes de plazo para realizala ata o día 6 de xuño. Esta vez temos que xogar!!! Debes escoller o enlace ao LIM do teu ciclo e poñer a proba os coñecementos que tes sobre o tren, despois do moito que aprendemos!!! Moito ánimo que xa son as últimas pegadas que conseguimos!!.
domingo, 25 de mayo de 2014
sábado, 24 de mayo de 2014
CHARLA SOBRE O TREN EN CURTIS.
O xoves 22 recibimos na biblioteca a D José e D Andrés para levar a cabo unha charla sobre o tren en Curtis e a súa importancia aquí. Faláronnos de como eran as máquinas en aquela época (de vapor), o grandísimas que eran, o que empregaban para funcionar. Curtis era importante naquel tempo por dous motivos importantes:o primeiro é que en Curtis existía o que chamaban "plataforma" para poder xirar a máquina e que esta cambiara de dirección e por outro lado, tamén se contaba naquela época con un punto que suministraba a auga tan necesaria para os trenes.
Foi unha tarde estupenda, na que puidemos ver un montón de fotos nas que coñecemos os inicios de Curtis e tamén que o seu nome ven precisamente da importancia do tren nese momento.
Se pinchas na imaxe poderás ver momentos desta charla.martes, 20 de mayo de 2014
JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO.
Hoxe recibimos na biblioteca a o escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano, que comparteu con nós as súas ilustracións, e ao que puidemos facer un montón de preguntas. Finalmente tamén nos firmou os libros. Aquí podedes ver esta xornada.
lunes, 19 de mayo de 2014
ILUSTRAMOS POEMAS
Outra das actividades que levamos a cabo nas Letras Galegas, foi a de ilustrar anaquiños de poemas de Díaz Castro. Realizamolos nas casas coas nosas familias e este foi o resultado.
sábado, 17 de mayo de 2014
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Hoxe é o día das Letras Galegas, e queremos deixarvos esta canción onde Mini e Mero musican o poema de Xosé María Díaz Castro: "Penélope".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











