sábado, 7 de marzo de 2015

SEGUINDO CO PROXECTO "PASEANDO POR CURTIS E A SÚA CONTORNA"


O pasado venres 27 de febreiro estivo co noso alumnado unha arqueóloga da contorna CRISTINA SEOANE NOVO que nos explicou estupendamente o campamento militar romano de "A Ciadella".
Tamén fixemos unha pequena maqueta do mesmo con pedra, e ata puxemos nela un exército romano.
Cando veña a primavera, esperamos poder ir a visitalo.

CAMPAMENTO MILITAR ROMANO DE A CIADELLA

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow customized with Smilebox

lunes, 16 de febrero de 2015

sábado, 7 de febrero de 2015

CELEBRAMOS O DIA DA PAZ


    O pasado dia 30 de xaneiro celebramos o dia da paz no noso centro e fixémolo este ano dunha maneira moi diferente, xa que invitamos aos maiores do pobo e aos avós dos nosos alumnos para compartir  con nós unhas cancións cheas de paz e de sentimento.
   Tamén o alumnado de 6º leu unha carta de agradecemento a todos os avos e finalmente fixémoslles entrega dunha rosa.
   
   QUERIDOS AVÓS:  ESTE DIA TAN FERMOSOS VAI POR VOS!!









miércoles, 14 de enero de 2015

RESUMO DE XOELIKI



   Xoeliki é un neno de once anos introvertido e tímido. Xoga aos videoxogos on-line e bota horas chateando na internet. Pasa moito tempo só porque a nai traballa todo o dia e o pai morreu hai uns anos.
   A vida de Xoeliki é moi rutinaria, xira arredor da casa e do colexio ata que un dia ocorre un feito misterioso que lle cambiará por completo: recibe un paquete sorpresa. Isto lévao a vivir novas aventuras, coñecer amigos e amigas como Ari, o Sabio Barbabranca, o enigmático Maverick, Centulo-profesor de programación e desenvolvemento- e algún inimigo como Mr. Virus. Descubrirá cousas inimaxinables para él....

LOIS  6º CURSO

NADIA 6º CURSO

YAIZA 6º CURSO

martes, 6 de enero de 2015

XA CHEGOU O NADAL


Queridas nenas e nenos: Xa casi están rematando as vacacións de nadal. Seguro que Papanoel e os Reis vos trouxeron moitas cousas... porque fostes todos moi bos...
    
   No noso cole festexamos moito estas festas, veu Papanoel, tivemos comida especial,
 festival no que participou todo o  alumnado do cole e xornada de portas abertas para toda a comunidade educativa.

   O claustro de profesores desexa que todo isto vos servira para volver coas "pilas cargadas"e con ganas de aprender novas cousas e de participar en novos proxectos.

















FELIZ ANO 2015 !!

domingo, 14 de diciembre de 2014



FOTOS VISITA GRANXA E IGREXA DE SANTA MARÍA DE MEZONZO

Tivemos unha xornada chuviosa pero moi divertida. Pasámolo moi ben.
















martes, 9 de diciembre de 2014

VISITA A UNHA GRANXA DA CONTORNA

VISITA A UNHA GRANXA DA CONTORNA O próximo dia 12 de decembro, faremos unha visita a unha granxa con todo o alumnado do colexio esperamos pasalo moi ben. Tamén aproveitaremos para visitar a igrexa de Santa María de Mezonzo. Á volta subiremos as fotos ao blog.

martes, 4 de noviembre de 2014

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Durante o mes de outubro no CEIP de Curtis fixemos unha exposición de cabazas e tamén plantamos uns castiñeiros nos arredores do colexio. Todo isto podemos velo no seguinte enlace


lunes, 3 de noviembre de 2014



QUE BONITO MAGOSTO!!

Este ano disfrutamos dun bonito magosto no CEIP de Curtis, o mércores 29 de outubro.
Pola tarde, degustamos castañas, bebemos refrescos, queimamos os nosos medos e tamén entregamos os premios ás mellores cabazas, Pasamos unha tarde moi animada e divertida.




lunes, 20 de octubre de 2014

ADEUS AOS MEDOS !!!


   Os nenos e nenas de infantil e primaria meteron os seus medos na CAIXA DOS MEDOS. Máis adiante, o 29 de outubro,cando celebremos o magosto, faremos lume e queimaremos os monstruos, as bruxas, a escuridade, o lobo...
   Unha mostra desta actividade pódese ver a continuación.