Seguindo co noso proxecto da biblioteca o alumnado do noso centro rendeu unha pequena homenaxe a Mª Antonia Dans pintando algúns dos seus cadros.
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
domingo, 26 de abril de 2015
sábado, 7 de marzo de 2015
SEGUINDO CO PROXECTO "PASEANDO POR CURTIS E A SÚA CONTORNA"
O pasado venres 27 de febreiro estivo co noso alumnado unha arqueóloga da contorna CRISTINA SEOANE NOVO que nos explicou estupendamente o campamento militar romano de "A Ciadella".
Tamén fixemos unha pequena maqueta do mesmo con pedra, e ata puxemos nela un exército romano.
Cando veña a primavera, esperamos poder ir a visitalo.
lunes, 16 de febrero de 2015
sábado, 7 de febrero de 2015
CELEBRAMOS O DIA DA PAZ
O pasado dia 30 de xaneiro celebramos o dia da paz no noso centro e fixémolo este ano dunha maneira moi diferente, xa que invitamos aos maiores do pobo e aos avós dos nosos alumnos para compartir con nós unhas cancións cheas de paz e de sentimento.
Tamén o alumnado de 6º leu unha carta de agradecemento a todos os avos e finalmente fixémoslles entrega dunha rosa.
QUERIDOS AVÓS: ESTE DIA TAN FERMOSOS VAI POR VOS!!
miércoles, 14 de enero de 2015
RESUMO DE XOELIKI
Xoeliki é un neno de once anos introvertido e tímido. Xoga aos videoxogos on-line e bota horas chateando na internet. Pasa moito tempo só porque a nai traballa todo o dia e o pai morreu hai uns anos.
A vida de Xoeliki é moi rutinaria, xira arredor da casa e do colexio ata que un dia ocorre un feito misterioso que lle cambiará por completo: recibe un paquete sorpresa. Isto lévao a vivir novas aventuras, coñecer amigos e amigas como Ari, o Sabio Barbabranca, o enigmático Maverick, Centulo-profesor de programación e desenvolvemento- e algún inimigo como Mr. Virus. Descubrirá cousas inimaxinables para él....
LOIS 6º CURSO
NADIA 6º CURSO
YAIZA 6º CURSO
martes, 6 de enero de 2015
XA CHEGOU O NADAL
Queridas nenas e nenos: Xa casi están rematando as vacacións de nadal. Seguro que Papanoel e os Reis vos trouxeron moitas cousas... porque fostes todos moi bos...
No noso cole festexamos moito estas festas, veu Papanoel, tivemos comida especial,
festival no que participou todo o alumnado do cole e xornada de portas abertas para toda a comunidade educativa.
O claustro de profesores desexa que todo isto vos servira para volver coas "pilas cargadas"e con ganas de aprender novas cousas e de participar en novos proxectos.
domingo, 14 de diciembre de 2014
martes, 9 de diciembre de 2014
VISITA A UNHA GRANXA DA CONTORNA
VISITA A UNHA GRANXA DA CONTORNA
O próximo dia 12 de decembro, faremos unha visita a unha granxa con todo o alumnado do colexio
esperamos pasalo moi ben. Tamén aproveitaremos para visitar a igrexa de Santa María de Mezonzo.
Á volta subiremos as fotos ao blog.
martes, 4 de noviembre de 2014
lunes, 3 de noviembre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)