viernes, 10 de noviembre de 2017

Charla sobre a corrección postural

Na biblioteca do centro celebrouse unha charla impartida por dous monitores de deporte do concello, sobre a corrección postural.
Foi unha charla moi instructiva, util e pedagóxica, xa que os alumnos e alumnas aprenderon cal debe ser a postura correcta á hora de sentarnos, de levar a mochila, durmir ou para facer calquer tipo de traballo e tamén aprenderon que posturas deben evitar para non ter problemas de espalda nun futuro que poden derivar en problemas de saúde moito máis graves.



martes, 7 de noviembre de 2017

Festa do Samaín/Magosto

No cole fixemos unha festa de celabración do Samaín/Magosto realmente espectacular: comimos centos de castañas, cantamos, bailamos, fixemos unha exposición cos relatos de medo dos nenos e nenas e ata fixemos un conxuro para vendecir os frutos do campo!!!!!!!!!!!!!












lunes, 23 de octubre de 2017

Comeza o Clube de Lectura

Este luns 23 de outubro, comeza na biblioteca do centro o Clube de Lectura co "Mundo máxico de Harry Potter". As actividades do Clube de Lectura realizaranse os luns pola tarde cada 15 días, no que participarán @s alumn@s de quinto e sexto curso  que poderán ver unha película basada nun libro que estén lendo, neste caso a película de "Harry Potter e a pedra filosofal".
Vai ser divertidísimo!!!!











lunes, 16 de octubre de 2017

Preparando o Samaín e o Magosto

Como cada ano, celebramos o Samaín e o Magosto no patio do colexio, o venres 27 de outubro, despois do recreo. As castañas dónaas a ANPA e serán asadas na panadería de Casa Zapateiro e as bebidas son por parte do colexio.
Para o Samaín os nenos e nenas farán cabazas, que este ano serán o máis campesiñas e campestres posibles para ir acorde ca temática do proxecto deste ano: a vida no campo.
Tamén organizamos un concurso de relatos de medo. Seleccionaremos os mellores relatos que irán incluídos nun volumen que incluiremos dentro do catálogo da biblioteca do centro para que calquera discente o poida ler cando desexe.


viernes, 13 de octubre de 2017

Exposición de cabazas

Este ano, coma sempre, celebramos o Samaín no colexio e de novo fixemos unha exposición cas cabazas tan divertidas que fixeron os nosos nenos e nenas, este ano relacionadas ca vida no campo, o noso proxecto.






martes, 3 de octubre de 2017

Comemos alimentos ecolóxicos

Neste curso 2017/2018, no Ceip de Curtis, temos como propósito fomentar unha dieta saudable entre os nos@s alumn@s e para tal propósito desde fai uns días estamos introducindo alimentos ecolóxicos no menú do comedor coa colaboración de "A Raiña", Escola Ecolóxica de Vilasantar, que nos proporcionará uns alimentos ecolóxicos riquísimos, dunha calidade suprema, que nos proporcionará unha dieta equilibrada e mois saudable!!!!!!



viernes, 22 de septiembre de 2017

Benvidos ao curso 2017/2018

Dende o CEIP de Curtis dámosvos a benvida a toda a comunidade educativa ao curso 2017/2018.
Outro ano máis empezamos o curso con moitas ganas e ilusión e preparad@s para facer un montón de actividades que este ano estarán moi relacionadas co proxecto que levaremos a cabo.
O proxecto estará relacionado sobre "a vida no campo" e xa estamos decorando o cole para irnos ambientando un pouco nesta vida campestre tan chea de estímulos.
Benvid@s ao curso 2017/2018!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!






miércoles, 30 de agosto de 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO

PARTE 1

PARTE 2

PARTE 3

VIDEO DO ALUMNADO DE 6º




















PULSA AQUÍ PARA VER VIDEO.

ENTREVISTAS DOS ALUMNOS DE 6º PARA O PROXECTO

Durante o segundo e terceiro trimestre, o alumnado de 6º traballou o proxecto "Coñecemos o mar" a través dos xornais. Unha das actividades que se desenvolveu na aula foi a realización dunha entrevista a unha persoa que realizase unha labor no mar ou que levase a cabo calquera actividade de ocio neste. Podía elaborarse por escrito (expostas nos proxectos a final de curso) ou en vídeo. Esta última opción foi escollida por algúns alumnos. O soporte que atopamos para a súa visión foi este blog. Velaquí as tedes. 

PABLO SÁNCHEZ ENTREVISTA A UN MARIÑEIRO E PERCEBEIRO DE CAMARIÑAS

KEVIN ENTREVISTA A UN PESCADOR AFECCIONADO DE CURTIS (PEPE)


NUNO ENTREVISTA A SÚA AVOA MARISCADORA

GERMÁN ENTREVISTA A UNHA BIÓLOGA EN CURTIS

EXCURSIÓN 5º E 6º A MADRID

Os días 13, 14, 15 e 16 de xuño 5º e 6º fomos de excursión a Madrid. O primeiro día realizamos unha visita panorámica guiada a cidade para ver os sitios máis emblemáticos do centro. O segundo visitamos o Museo do Prado e o zoolóxico. O terceiro día fomos o parque de atraccións Warner e o último día, camiño da casa, fixemos unha parada en Segovia para ver o Alcázar e o acueducto. Foi unha experiencia xenial. O alumnado tivo un comportamento exemplar e creo que disfrutou coa saída. O maior invonvinte.... a calor. 








lunes, 22 de mayo de 2017

                            MIGALLAS NO CEIP DE CURTIS

      O pasado venres 19 de maio tivemos a sorte de ter a Migallas actuando para nós no centro. Pasámolo xenial. Os nenos cantaron moito e bailaron e comprobaron que aprender cantando e moito máis divertido e fácil. Mirade os seguintes vídeos!!!