Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, xa estamos ambientando o cole con todo o relacionado con María Victoria Moreno, con un montón de bonitos debuxos que fixo o noso alumnado.
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
lunes, 7 de mayo de 2018
SENTIMOS O MONTE
Na aula de quinto saímos ao monte para disfrutalo cos cinco sentidos. A partir dunha nova do xornal, onde se explicaba como sentir a natureza co gusto, olfato, vista, tacto e oído, en grupo, os nenos e nenas fixeron unha pequena excursión acompañados de familiares, para facer un traballo que quedou reflexado en murais, pero tamén en vídeo, o cal podedes ver a continuación.
viernes, 4 de mayo de 2018
Un horto no cole
Como este ano estamos traballando "a vida no campo" como proxecto do cole, decidimos facer o noso horto paricular, e o alumnado de 6º curso plantaron varias plantas que están creando un ambiente moi campestre no noso centro!!!!!!!!!!!!
Semana da prensa
Para celebrar a Semana da Prensa, o luns 30 de de Abril veu ó cole o periodista de La Voz de Galicia Javier Becerra a darnos unha amena charla sobre periodismo. Para elo foi comentando unha serie de noticias destacadas que publicou o periódico e relatounos como traballaron esas noticias, desde a labor de campo e investigación ata o momento en que se decide publicalas.
Aprendimos moito e pasámolo moi ben.
Aprendimos moito e pasámolo moi ben.
Día do libro
O venres 27 de Abril celebramos no cole o Día do Libro e para tal celebración organizamos un concurso de realización de marcapáxinas, onde @s nen@s intercambiaron os seus marcapáxinas co alumnado doutros cursos.
lunes, 23 de abril de 2018
Vista teatral ao "Centro de día de Curtis"
Fai uns meses os maiores do "Centro de día de Curtis" fixéronnos unha visita ao noso cole e hoxe 23 de abril devolvímoslles a visita.
Os alumn@s do 5º curso de primaria foron ao "Centro de día" a representarlles aos maiores un fragmento da obra "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas.
Despois da representación, os maiores léronnos o poema de Rosalia de Castro "Adios ríos adios fontes"
Foi unha experiencia moi emotiva e enriquecedora que esperamos repetir noutro curso!!!!!!!!!!!!!
Os alumn@s do 5º curso de primaria foron ao "Centro de día" a representarlles aos maiores un fragmento da obra "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas.
Despois da representación, os maiores léronnos o poema de Rosalia de Castro "Adios ríos adios fontes"
Foi unha experiencia moi emotiva e enriquecedora que esperamos repetir noutro curso!!!!!!!!!!!!!
Excursión a Xanceda
O alumnado de primaria foise de excursión á granxa de Xanceda, donde @s nen@s disfrutaron dunha divertida xornada donde puideron ver como funciona unha granxa de grandes dimensións por dentro e fixeron varios talleres.
viernes, 23 de marzo de 2018
Charla das nais traballadoras do campo
O mércores 7 de marzo celebramos na biblioteca do centro o Día da Muller Traballadora, e para elo tres nais de alumn@s do colexio viñeron a darnos unha charla para contarnos as súas experiencias como mulleres traballadoras do campo.
Foi unha charla moi didáctica e constructiva, na que aprendimo moitas cousas.
Moitas gracias a tódalas nais!!!!!!!!!!!!!!
Foi unha charla moi didáctica e constructiva, na que aprendimo moitas cousas.
Moitas gracias a tódalas nais!!!!!!!!!!!!!!
viernes, 16 de marzo de 2018
Facendo pan no colexio
O 15 de marzo, @s alumn@s de 1º, 2º, 3º e 4º curso, guíados polas titoras de 4º e 2º, Mari e Chus, estiveron facendo o seu propio pan no comedor do centro. Esta actividade estivo encuadrada dentro das diferentes acitividades que estamos facendo co motivo do proxecto que estamos traballando este curso, "A vida no campo"
Que divertido foi e que rico estaba o pan!!!!!!
Que divertido foi e que rico estaba o pan!!!!!!
jueves, 22 de febrero de 2018
Concurso cartas de amor
Xa temos gañadoras do concurso de cartas de amor: Laura Vázquez Vázquez (6º), Nerea Varela Vázquez (6º), Martina García López (5º)
As cartas foron realmente emocionantes e rebosantes de sensibilidade.
A nosa máis sincera noraboa ás gañadoras!!!!!!!!!!!
Desfile do entroido
O venres, 9 de Febreiro, organizamos no cole un desfile de Entroido que fixemos no pabellón polideportivo. Este ano os nenos e nenas levaban disfraces que estaban relacionados co proxecto deste curso "A vida no campo".
Despois deste gran espectáculo os nenos e nenas de infantil e primaria puideron disfrutar dunha riquísima merenda no comedor do cole con rosquillas, filloas, crepes...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















































