O vindeiro venres, 1 de marzo, celebraremos o ENTROIDO. Se o tempo o permite, sairemos a desfilar polas rúas do pobo a partir das 10:30h. En caso de choiva poderedes disfrutar das comparsas no pavillón polideportivo.
AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
lunes, 25 de febrero de 2019
CLUB DE LECTURA/ PELÍCULA LOS FUTBOLÍSIMOS
Na sesión de hoxe disfrutamos da versión cinematográfica do libro que lemos "LOS FUTBOLÍSIMOS", como vedes foi moi entretido. No seguinte encontro, presentaremos o seguinte libro para ler, adiviñades cal poderá ser?
jueves, 21 de febrero de 2019
OBRADOIRO DE CARETAS NA BIBLIOTECA
Achégase o Entroido, e dende a biblioteca levaremos a cabo un obradoiro de caretas para todos os nenos e nenas do noso colexio.
Organizarémonos en dous turnos:
- Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria o venres 22 de febreiro.
- Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria o luns 25 de febreiro.
Non esquezades anotarvos, esperámosvos!
A DESFRUTAR DO ENTROIDO
martes, 19 de febrero de 2019
martes, 12 de febrero de 2019
PAZ + RADIO = O PASAPALABRA DA PAZ DE 4º
O 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e o 13 de febreiro é o Día Mundial da Radio; por iso, os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria pensaron en facer un "PASAPALABRA DA PAZ" con palabras relacionadas coa PAZ e a CONVIVENCIA, e todo como se dun programa de radio se tratara, son uns auténticos reporteiros e reporteiras!
Lograredes adiviñar as palabras? Anímate e escóitanos!
Lograredes adiviñar as palabras? Anímate e escóitanos!
lunes, 11 de febrero de 2019
CONTOS DE AMOR NA BIBLIOTECA
O venres 8 , na biblio do noso cole limos contos de amor,... o vindeiro venres continuaremos con este obradoiro ilustrando os contos que mais vos gusten.
miércoles, 6 de febrero de 2019
miércoles, 30 de enero de 2019
Día da Paz
Hoxe celebramos o Día da Paz cantando estas cancións con alegría e en boa compañía: “Los niños queremos La Paz”, “Eu teño alguén no meu corazón” e ““On écrit sur les murs”.
domingo, 27 de enero de 2019
Telexornal Curtis: Día da Paz
O vindeiro mércores, 30 de xaneiro, e con motivo do día da paz, todo o alumnado do CEIP de Curtis cantaremos a canción: "Los niños queremos la paz" e o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participará nun debate.
jueves, 24 de enero de 2019
Contacontos
Onte, 23 de xaneiros, visitounos a escritora e poeta Mar Benegas, facéndonos partícipes da súa paixón pola literatura infantil, en especial pola poesía.
martes, 22 de enero de 2019
viernes, 18 de enero de 2019
VENRES LÚDICOS NA BIBLIOTECA - OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN DE POEMAS II
Este venres continuamos co obradoiro de Ilustración de poesía ... toda unha delicia compatir esos versos cos nosos alumnos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










