miércoles, 11 de septiembre de 2019

BENVIDOS AO CURSO 2019/20



Benvidos! Inaguramos o novo curso 2019/20. Dende a nosa biblioteca este ano propoñemos un novo proxecto: "Un conto, unha maleta". Atréveste a viaxar con nós?

martes, 4 de junio de 2019

Proxecto 2º EP

Xa estamos de volta con máis novidades!
Recordades que esta semana estamos facendo un recopilatorio dos nosos traballos sobre o proxecto do centro? Agora tócalle aos compañeiros e compañeiras de segundo, coa emisión do seu programa, Reporteiros Viaxeiros; líder en audiencias!

Proxecto 1º EP

Bos días!
Continuamos coas exposicións dos nosos traballos. O pasado martes, os compañeiros e compañeiras de primeiro convertéronse en reporteiros. O seu programa foi todo un éxito! Tédelo que ver!


lunes, 3 de junio de 2019

Proxecto Infantil

Bos días! 
O curso está a piques de rematar, e como ben sabedes, este ano o noso proxecto de centro son os medios de comunicación e a convivencia. Con motivo de facer un recopilatorio do aprendido, esta semana expoñemos na biblioteca do centro os nosos traballOs. Os primeiros en impresionarnos co seu propio telexornal foron os compañeiros e compañeiras de infantil. Pedazo periodistas temos en Curtis!


viernes, 17 de mayo de 2019

XOGOS DE CONVIVENCIA NAS LETRAS GALEGAS

Para rematar a Semana de celebración das Letras Galegas, coincidindo ademais co día da convivencia, organizamos un circuito de xogos e obradoiros artesanais: elaboración dun maio, tiro á corda, baile da vasoira, guerra de equilibrios, obradoiro galeguista, obradoiro de xoguete con material de reciclaxe, obradoiro oleiro, castelos de carozos, tiro ao caldeiro e obradoiro de baile tradicional galego.
Os nenos e nenas e tamén as maestras, pasámolo moi ben. Queremos agradecer a colaboración da ANPA pola axuda para o obradoiro de maios e tamén a todas as familias por colaborar co material necesario.
VIVA AS LETRAS GALEGAS!!


Para ver máis fotos, clicade na imaxe.

miércoles, 15 de mayo de 2019

Semana Letras Galegas: “Os Caxigos”


No Ceip de Curtis continuamos co festexo. Hoxe a celebración correu a cargo do grupo teatral “Os Caxigos”, composto por moitos dos nosos compañeiros e compañeiras do cole, os cales interpretaron unha fermosísima e interesante obra titulada “O Conxuro das Letras”; unha obra montada POR ELES. NORABOA AMIGXS! Quedamos con ganas de máis!

Semana das Letras Galegas: Rockenstein

Seguimos celebrando a semana das letras galegas. Hoxe 14 de maio, as nenas e nenos do CEIP de Curtis acudimos ao edificio de usos múltiples de Teixeiro para disfrutar do espectáculo Os Rockenstein, a cargo da compañía de teatro Mala Sombra. 






lunes, 13 de mayo de 2019

Semana das Letras Galegas: Radio Bule Bule

Hoxe, luns 13  de maio, comenzamos a semana de celebración das Letras Galegas coa posta en marcha da primeira das actuacións, coa que nos divertimos moito: Paco Nogueira rróuxonos o seu espectáculo de RADIO BULE BULE.

 FOTOS ACTUACIÓN
                                           Con el cantamos,
                                                                                                      aprendemos as seccións da radio,
                               representamos en lingua de signos,
                                                                                                                    vimos o tempo,
                                                   tivemos concurso,
                                                                                           bailamos...

martes, 7 de mayo de 2019

Telexornal Curtis: LETRAS GALEGAS


Con motivo da celebración das letras galegas, na vindeira semana levaremos a cabo unha serie de actividades. Queredes saber cales? Aquí tedes o noso programa.


viernes, 3 de mayo de 2019

Semana do libro 3/3

O pasado venres, os nenos e nenas de Educación Infantil foron os encargados de clausurar a semana do libro con dúas fermosas poesías sobre a primavera e un conto chulísimo. Queredes ver que ben o fixeron? Mirade!


lunes, 29 de abril de 2019

I CONCURSO DE PODCAST: "CURTIS NA LEMBRANZA, AS FEIRAS DE 1900"



Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria participamos no I Concurso de Podcast de Radio na biblio cunha curta emisión de radio que leva por título “Curtis na lembranza: As feiras de 1900” na que queremos por de manifesto a nosa historia, tendo como eixo vertebrador as feiras que tanto nos caracterizan, a nosa mellor tradición.

Así, decidimos realizar un faladoiro no que cada neno e nena aportara información sobre este evento, así como os datos que nos pareceron máis importantes e curiosos logo dun traballo de busca, reflexión e visionado de diferentes vídeos e fotografías.

Desfrutade deste audio e non esquezades que tedes unha cita en Curtis a última fin de semana de xullo.