lunes, 9 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



O 9 de marzo conmemoramos no colexio o Día Internacional da Muller (sinalado en todo o mundo o 8 de marzo). Xuntámonos todos e cantamos as cancións “Ella” de Bebe e “Son muller” do grupo Máis boas que as patacas. Ademais, para traballar a importancia deste día, cada aula estivera días antes recompilando información sobre a figura e importancia de mulleres dos distintos países e culturas estudiados no noso Proxecto. E así, dende as mariscadoras galegas ata madame Curie, creamos unha exposición no corredor da entrada do colexio.
Podédelo ver dándolle ao play: 


viernes, 6 de marzo de 2020

RADIO RADIOLA ... DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de educación primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data tan próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego "nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá" despedímonos ata a próxima emisión.
Dádelle ao play para escoitarnos:





CHARLA INFORMATIVA NA BIBLIOTECA SOBRE OS PERIGOS NAS REDES SOCIAIS




Hoxe, dentro das actividades programadas nas xornadas de portas abertas os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria tiveron unha charla na Biblioteca sobre os "PERIGOS NAS REDES SOCIAIS".

LECTURAS RECOMENDADAS - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Aquí van algunhas recomendacións paro o Día Internacional da Muller que conmemoraremos o vindeiro 9 de marzo.

viernes, 28 de febrero de 2020

viernes, 21 de febrero de 2020

ENTROIDO

O 21 de febreiro, os nenos e nenas do CEIP de Curtis levamos o ENTROIDO polas rúas do pobo difrazados dos países do proxecto. Mirade que ben o pasamos!






viernes, 14 de febrero de 2020

RADIO RADIOLA ... UNHA VIAXE POR FRANCIA

Os alumnos de 6º de primaria, o 14 de febrero, o día do amor, regaláronnos una viaxe por Francia. A través das súas palabras viaxamos a lugares preciosos como PARÍS, saberemos da gastronomía típica de Francia e como enriquecernos culturalmente con museos e construccións únicas.
Non faltou a publicidade e os chistes recurrndo á temática do proyecto: Francia.
Que mellor que este programa para decir:
"Aínda nos quedará París" 
A continuación podes escoitar a emisión radiofónica:


LECTURAS RECOMENDADAS


OBRADOIRO- LOVE IS IN THE AIR ..(II)


Esta semana organizamos un obradoiro titulado "LOVE IS IN THE AIR". Durante esta semana puideron realizar cartas, postais, decoración ou notas de aprecio e amizade.

jueves, 13 de febrero de 2020

RADIO RADIOLA ... DÍA DA RADIO

Ola a tod@s, ola dende Radio Radiola, a radio da nosa escola.
Baixo o lema "Aprendemos todos e todas e, con todas" celebramos o día da Radio, o 13 de febrero. Os alumnos de 6º de primaria lémbrannos dende a radio da radio da escola o porqué desta celebración. Fixeron un percorido pola historia desta celebración e remataron cun bonito poema no que se lembra que a radio é REPRESENTACIÓN, PLURALISMO e DIVERSIDADE!!!
A continuación podedes escoitar a emisión radiofónica: