AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
viernes, 22 de enero de 2021
OBRADOIRO DE CONTOS E TRADICIÓNS CON SOLEDAD FELLOZA
viernes, 15 de enero de 2021
CURTIS SALVA O NADAL
martes, 12 de enero de 2021
CONTOS E TRADICIÓN/OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL NA RADIO
Os vindeiros 18 e 19 de xaneiro terá lugar na nosa biblioteca un obradoiro de narración oral para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria dentro do programa "Radio na biblio". Da man da actriz, contadora de historias, escritora e dramaturga Soledad Felloza e co título "Contos e tradición" traballarán diferentes maneiras de narrar historias "só para orellas".
martes, 22 de diciembre de 2020
UN NADAL CON CORAZÓN
UN NADAL CON CORAZÓN
Xuntanzas, apertas
beixos, agasallos
seguimos con eles
dende o corazón;
sentindo que estamos aí
non haberá dor!!!
Xa ven o Nadal
O Nadal xa vai vir,
con saudade e ledicia
ímolo recibir!!!
Abrindo a ventá
unha brisa se achega
trae con ela unha forza
que connosco se queda;
facendo que o que está lonxe
estea aquí cerca!!!
Xa ven o Nadal
O Nadal xa vai vir,
con saudade e ledicia
ímolo recibir!!!
Un raio de Sol,
noites de luar
consolan as penas neste camiñar;
seguimos loitando por vernos
por nos abrazar!!!
Xa ven o Nadal
O Nadal xa vai vir,
con saudade e ledicia
ímolo recibir!!!
Xunta as mans e saúda
en sinal de amizade,
un mirar é un "te quero"
na nosa realidade;
queréndonos sempre,
iso sí, de verdade!!!
Xa ven o Nadal
O Nadal xa vai vir,
con saudade e ledicia
ímolo recibir!!! (bis)
Composición de Lourdes Castiñeira Blanco
lunes, 21 de diciembre de 2020
INAGURACIÓN DO CLUB DE LECTURA
Hoxe inauguramos oficialmente o Club de Lectura. Os participantes chegaron a tempo ao andén 9 3/4 e levaron para ler na casa o libro "Harry Potter e a Pedra Filosofal". Comezaremos coa súa lectura este tempo de Nadal e á volta teremos a primeira reunión do Club. Agardamos que disfruten da súa lectura tannto coma nós.
viernes, 18 de diciembre de 2020
SAÍDA POR CURTIS: "CURTIS SALVA O NADAL"
CLUB DE LECTURA... CARTAS DENDE HOWARDS
viernes, 4 de diciembre de 2020
CLUB DE LECTURA... O MUNDO MÁXICO DE HARRY POTTER.
Un ano máis facemos unha nova convocatoria do Club de Lectura. Nesta ocasión coa temática "O Mundo Máxico de Harry Potter". Poderán inscribirse os alumnos de 5º e 6º de primaria que o desexen. Teñen de prazo ata o vindeiro 14 de decembro no despacho de dirección.
¡Animádevos!
jueves, 3 de diciembre de 2020
DÍA DA DIACAPACIDADE
viernes, 13 de noviembre de 2020
NOVIDADES NA BIBLIO
Como vedes á nosa biblio ten novo aspecto, con novos recunchos para poder disfrutar da lectura e das actividades.
martes, 10 de noviembre de 2020
DÍA DA INFANCIA
Co motivo do Día da Infancia os nenos e nenas do cole investigaron sobre diferentes asociacións que axudan a menores con dificultades.











