AXUDA A JAWS: O BLOG TEN UN DISEÑO SINXELO: O POST ESTÁ SITUADO NA PARTE ESQUERDA E OS GADGETS NA PARTE DEREITA EN VERTICAL. SE PRECISAS AUMENTAR O TAMAÑO DA PANTALLA PRESIONA CONTROL+, PARA DIMINUIR CONTROL-
lunes, 29 de noviembre de 2021
EXCURSIÓN 4º, 5º e 6º de PRIMARIA A LUGO
jueves, 25 de noviembre de 2021
25 N/ DÍA DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
lunes, 22 de noviembre de 2021
ESCAPE ROOM NO CLUB DE LECTURA- CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE
martes, 16 de noviembre de 2021
XA SOMOS BIBLIOTECA CREATIVA!!!
viernes, 12 de noviembre de 2021
MES DA CIENCIA EN GALICIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. EXPERIMENTAMOS.
lunes, 8 de noviembre de 2021
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES /LECTURAS.
martes, 2 de noviembre de 2021
AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA
Un ano máis as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina cargadas de libros que farán voar a vosa imaxinación. Levan unha escolma de libros que agardamos vos gusten.
lunes, 1 de noviembre de 2021
MES DA CIENCIA EN GALEGO- CIENCIA E ARTE
Arte e ciencia dialogan e discuten entre si. Con frecuencia cométese o erro de considerar ambas como disciplinas opostas pero en realidade poden complementarse e axudarse, soamente que son dúas formas diferentes de explorar o mundo que as veces se atopan.
En realidade ciencia e arte están conectadas e ningunha forma de coñecemento é impermeable a outra. Senón, como podería crearse unha obra plástica sen as técnicas aportadas pola ciencia? e como poderíamos interpretar a elección dos materiais? Polo tanto a ciencia é unha ferramenta para a arte tal e como afirma Déborah Bello, investigadora da relación entre a relación entre arte e ciencia e divulgadora científica.
A relación da arte e a ciencia podémola observar nas ilusións ópticas. Aquí vai un exemplo:
MES DA CIENCIA EN GALEGO 2022
viernes, 29 de octubre de 2021
SAMAÍN NO CEIP DE CURTIS
Entrado o mes de novembro, deixamos atrás o Samaín e a súa celebración. Este ano propuxémoslle ao alumnado que decorase cabazas unindo a temática do Samaín co proxecto do centro "Namor-ARTE".
O noso alumnado e as súas familias traballaron duro e conseguiron facer verdadeiras obras de arte, tal e como se pode comprobar no seguinte vídeo.
Despois de velas expostas, mesmo lle poderiamos chamar "Cabaz-ARTE" para ir en consonancia co noso proxecto. Verdade que é un nome ben artístico? Ocórreseche algún outro máis acaído?
Agardamos que vos gusten as creacións do noso alumnado!
Para os e as que queirades saber máis sobre a celebración do Samaín en Galicia podedes picar aquí ou aquí.
UNHA HISTORIA MÁIS QUE DE MEDO/ UN CONTO VIAXEIRO
Os alumnos do centro elaboraron un conto viaxeiro de medo relacionado co proxecto "namorARTE" deixando voar a súa imaxinación e a creatividade. Comezou a súa viaxe na clase de 3 anos ata chegar a 6º que foron os encargados de poñerlle fin. Para ler o conto premede na imaxe.













.jpg)


