Dende o CEIP de Curtis conmeramos O día da Poesía cunha actividade titulada
" Palabras para os nosos versos ".
Cada ciclo traballa un poema para logo completalo con palabras que faltan nalgún dos seus versos .
As palabras estarán agochadas nunha zona do patio de recreo correspondente a cada curso , e os
alumnos terán que atopalas seguindo unhas pistas .
As poesías son as seguintes:
En Infantil estrofas do libro Vive el mundo al revés .
En 1º ciclo de Primaria un poema do libro Os ventos .
Unha paxariña feita de papel
fala cun ventiño sen saber quen é .
Moitas das palabras soan a papel .
Repíteas o vento brotan caraveis .
Esa paxariña feita de papel ,
pídelle ó ventiño que a leve con el .
En 2º ciclo de Primaria o poema " Dame la mano y danzaremos " de Gabriela Mistral.
Dame la mano y danzaremos , dame la mano y me amarás .
Como una flor seremos, como una flor y nada más.
El mismo verso cantaremos,
al mismo tiempo bailarás.
Como una espiga ondularemos, como una espiga y nada más.
Te llamas Rosa y yo Esperanza, pero tu nombre olvidarás,
porque seremos una danza en la colina y nada más.
En 3º ciclo de Primaria o poema de A primavera do libro de Aires da miña terra .
Como a meniña tola que sae por vez primeira,
con pañoleta e sombreiro para a festa do lugar,
así xentil e aposta vai vindo a Primavera
grinaldas e caraveis vertendo o seu pasar .
Xa se oe o pío alegre do paxariño terno,
perdido os seus ollos na estrela da mañá
e as nubes sacudíndose, das brétemas do inverno,
vestidas de brillante ouro polo horizonte van.
As árbores espidas de froito e de ramaxe,
cubertos xa de folla comezan a dar flor.
Ai , estación florida , gallarda primavera
quen para botarche copras tivera o que non ten !!!
Co corazón ferido, fermosa ?
Quen te cantou , ninguén !!!
SENTE O QUE VES,
EXPRESA O QUE SENTES
ISO É POESÍA
No hay comentarios:
Publicar un comentario