Co gallo da Conmemoración do Día do Libro dende o equipo de biblioteca, e en colaboración coa Asociación de comerciantes de Curtis levamos a cabo a actividade BUSC-ARTE. Tras a lectura dun poema e seguindo un plano a través das diferentes imaxes a modo de pista nos escaparates dos establecementos poderán atopar un libro relacionado coas 7 artes. Ademáis os alumnos do noso centro recibiron un pequeno agasallo da Asociacion comerciantes pola súa participación. Foi unha fantástica experiencia que estaremos encantados de repetir.
3º DE PRIMARIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario