Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Infantil traballaron ao longo do curso sobre o Paleolítico, unha das etapas máis antigas e fascinantes da prehistoria.
Ademais de participar na elaboración do tapiz colectivo, coñeceron como era a vida das persoas daquela época mediante lecturas, contos e materiais seleccionados pola súa titora. Grazas a estas propostas, os nenos e nenas puideron imaxinar como se organizaban as familias, de que maneira se alimentaban e como se protexían do frío e dos perigos.
Para completar o proxecto, realizaron diferentes obradoiros temáticos, nos que aprenderon dun modo divertido e manipulativo:
-
“Pinturas do Paleolítico”, recreando as pinturas rupestres das cavernas.
-
“Como vestían na prehistoria?”, explorando os materiais que utilizaban para facer roupa e abrigo.
-
“Coñecemos os animais prehistóricos”, achegándose aos grandes animais que habitaban a Terra nesa época.
Estas actividades permitiron que o alumnado se convertera en auténticos pequenos exploradores do pasado, desenvolvendo a curiosidade, a creatividade e o gusto por aprender historia.

.png)
.png)

.png)
.png)
.png)
No hay comentarios:
Publicar un comentario