domingo, 21 de marzo de 2021

DÍA DA POESÍA

 


Chegou  a primavera  e con ela  a poesía . 

          Dende o CEIP de Curtis   conmeramos   O  día da Poesía  cunha  actividade  titulada  

          " Palabras  para os nosos versos ".

         Cada ciclo  traballa  un poema  para logo completalo con palabras  que faltan nalgún dos seus  versos .

         As palabras  estarán agochadas  nunha zona do patio de recreo correspondente a cada curso , e os 

         alumnos  terán que atopalas seguindo  unhas pistas .

         As poesías  son as seguintes:

         En Infantil   estrofas  do libro  Vive  el mundo al revés .

         En  1º  ciclo  de Primaria  un poema   do libro  Os  ventos .

         Unha paxariña  feita de papel

         fala  cun ventiño sen saber   quen é .

         Moitas das palabras  soan a papel .

         Repíteas o vento  brotan caraveis .

         Esa paxariña feita de papel ,

         pídelle  ó ventiño que a leve  con el .

        

En 2º  ciclo   de Primaria  o poema " Dame  la mano  y danzaremos " de Gabriela  Mistral.

        Dame la mano y danzaremos , dame la mano  y me amarás .

        Como una flor  seremos, como una flor y nada más.

        El mismo verso cantaremos,

        al mismo tiempo  bailarás.

        Como una espiga ondularemos, como una espiga  y nada más.

        Te  llamas Rosa y yo Esperanza, pero tu nombre  olvidarás,

        porque seremos  una danza  en la colina y nada más.


        En  3º ciclo  de Primaria   o poema  de A primavera  do libro  de Aires da miña terra .

        Como a meniña tola  que sae por vez primeira,

        con pañoleta  e sombreiro para a festa do lugar, 

        así xentil  e aposta vai vindo a Primavera 

        grinaldas  e caraveis vertendo o seu pasar .

        Xa se oe o pío alegre do paxariño terno,

        perdido   os seus ollos na estrela da mañá

        e as nubes sacudíndose, das brétemas  do inverno,

        vestidas  de brillante  ouro polo horizonte van.

        As   árbores  espidas de froito  e de ramaxe, 

        cubertos  xa de folla comezan  a dar flor.

        Ai , estación  florida  , gallarda  primavera 

       quen para botarche  copras tivera  o que non ten !!!

       Co corazón ferido, fermosa ?

       Quen  te cantou , ninguén !!!

SENTE O QUE VES, 

EXPRESA O QUE SENTES 

ISO É POESÍA 

      

viernes, 5 de marzo de 2021

RADIO RADIOLA/EMISIÓN DE 4º DE PRIMARIA


O 6 de marzo, as nenas e nenos de cuarto de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 8 de marzo, decidimos que o noso programa estivese dedicado ao Día Internacional da Muller. E coas palabras de Guadi Galego “nós aleitadoras, nós conquistadoras, brillantes activistas da vida cotiá” despedímonos ata a próxima emisión.  
Dádelle ao play para escoitarnos.




 

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 


Chegou un novo correo de Howarts para os membros do noso club de lectura para reunirnos de novo vindeiro 8 de marzo. Non faltedes!!

viernes, 26 de febrero de 2021

RADIO RADIOLA/EMISIÓN DE 3º DE PRIMARIA

 



O venres 26 de febreiro, o alumnado de terceio de Educación Primaria acudimos á radio do noso cole para facer un programa de radio. Tratándose dunha data próxima ao 24 de febreiro, decidimos que o noso programa estivese adicado a Rosalía de Castro. 
Dádelle ao play para escoitarnos.





jueves, 18 de febrero de 2021

COCIÑANDO DOCES DE ENTROIDO

Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro, os alumnos, alumna e mestras do CEIP de Curtis trouxeron cada día da semana o que mandaba o Meco. 0 día 12 cada un trouxi o disfraz que quixo, aínda que se propuxo que tivese que ter co tema do proxecto: unha nova realidade.

Tamén foron mandando fotos facendo os postres típicos do entroido na casa: filloas, rosquillas, orellas, ... Hai que dar moitas grazas pola colaboración dos nenos e nenas así como das familias. 














    

viernes, 12 de febrero de 2021

RADIO RADIOLA/ EMISIÓN DE 5º DE PRIMARIA

Con motivo do Día Mundial da Radio e do Día do Amor os alumnos de quito de primaria escribiron un conto que titularon: "Un taller de cariño" e que levaron á radio Raiola para compartir con todos o AMOR, tan necesario nesta nova realidade
Que o amor e a saude estea sempre con tod@s.





 

lunes, 1 de febrero de 2021

OBRADOIRO DE CORAZÓNS

 Dende  o  CEIP de Curtis    os nenos e nenas  queren   desexar  ao  mundo   AMOR  .

Un AMOR con letras maiúsculas , porque o amor   é cariño , confianza , dozura, sorrisos...

Están  elaborando uns corazóns  para  que no seu pobo  se palpe  un ambiente de AMOR .

Aí  tedes












A PAZ É UN "CANTO Á VIDA"

 No  CEIP  de Curtis  celebramos  A PAZ  cada día do ano , pero  como  esta celebración   ten un día marcado no calendario , o  30  de xaneiro .

Para este día , os nenos e nenas do centro  decoraron   Pombas da Paz  , cada un ao seu xeito,  e pegáronas  nas cortizas dos seus corredores .

Durante  toda a semana  estivemos escoitando   a canción  de Vanesa Martín  " Un canto  a la vida " .
Elixiuse esta canción  porque  a situación que estamos a vivir  , nesta nova realidade  só  temos que cantarlle  á VIDA .