viernes, 29 de diciembre de 2023

SAIDAS DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE

Durante o primeiro trimestre os alumnos do Ceip de Curtis participaron nas seguintes saídas relacionadas con noso proxecto "Galcia somos nós":

O día 17 de xaneiro os nenos e as nenas de Educación Infantil foron de excursión ao acuario e a Torre de Hércules.

No seu blog podedes ver as fotos do ben que o pasaron!!

BLOG DE INFANTIL


O día 14 de decembro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria visitaron a cidade de A Coruña. Primeiro visitaron a Torre de Hércules e os seus arredores: a rosa dos ventos e o àrque de menhires. Seguidamentte desprazáronse ao museo de Belas Artes onde viron obras de diferentes tipos. Finalmente comeron e regresaron pola tarde. Visitade a páxina web para ver o ben que o pasaron: 

PINCHA AQUÍ


O día 16 de novembro asa nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria visitaron Camariñas, cunha primeira parada no museo de Man en Camelle. A continuación visitaron a empresa Canosa, especializada na importación, procesamento e exportación de polbo conxelado e remataron o día visitando o faro Vilán.






UN NADAL MÁXICO EN GALICIA

O día 21 de decembro, para despedir o ano e darlle a benvida ó Nadal celebramos un festival no salón de usos múltiples do concello. Este ano as actuacións formaban parte dun fermoso conto que vos deixamos a continuación. Podedes ver as actuacións premendo no nome de cada unha delas. 


 
Podes

O NADAL MÁXICO EN GALICIA

CAPÍTULO 1.- UN COMEZO ESPECIAL

Era a véspera de Nadal e en Galicia as luces das casas e os abetos decorados brilaban en cada rincón. Nesta terra chea de tradición e misterio o Nadal tiña un encanto especial. 

No pequeno pobo de Curtis vivía unha rapaciña chamada Marta e un rapaciño chamado Lois. Estes dous nenos tiñan o don da música. Marta tocaba o piano e oviolín dende moi pequena e a Lois encantáballe cantar e bailar. A música fluía nos seus corpos e o seu talento era coñecido en todos os arredores. 

Esa noite, os nenos e as nenas de 3º do colexio de Curtis decidiron compartir a súa música cos habitantes do pobo. Prepararon as súas voces e os seus instrumentos e adornaron con luces navideñas a praza do pobo. O aire fresco de decembro encheuse coa melodía de "NAVIDAD"  (de Ozuna). Todas as persoas do pobo reuníronse na praza, conmovidos pola beleza da música. 

CAPÍTULO 2.- O AGASALLO DAS ESTRELAS

Mentres as xentes de Curtis cantaban ao son da canción, unha suave neve comezou a caer. Os copos de neve parecían estrelas que descendían do ceo mentres os nenos e as nenas de Infantil interpretaban agora as cancións "MAKE A CIRCLE" e "APALPADOR" ( de Malvela).

De repente, unha figura misteriosa apareceu na distancia. Era un ancián apacible, barbudo e grandote; que levaba boina e vestía unha chaqueta colorida con pantalóns cheos de remendos. Non era outro que o Apalpador. Sorriu e achegouse ós nenos e ás nenas que sorprendidos deixaran de cantar. 

O Apalpador entregoulles dúas partituras douradas. Eran dúas pezas de música que nunca escoitaran antes e explicoulles que aqueles cantares tiñan o poder de traer alegría ao corazón de quen a escoitara; sempre e cando a interpretaran todo todo o seu corazón, o día de Noiteboa, baixo o ceo estrelado do inverno.  Os nenos e as nenas de primeiro e segundo, prometéronlle que así o farían e cantaron e bailaron as cancións "JINGLE BELL ROCK" e "OBLADÍ-OBLADÁ"

CAPÍTULO 3.- A MAXIA DA MÚSICA

Agradecido pola interpretación o Apalpador desapareceu na neve, deixando ós habitantesde Curtis emocionados con aquel fermoso agasallo. O pobo estaba en evervescencia na tarde de Noiteboa. As casas estaban decoradas e soaba a canción "FOLERPIÑAS" interpretada polos nenos e as nenas de 4º. 

Cando chegou a noite a xente seguía emocionada, baixo un ceo estrelado os nenos e as nenas de 5º comezaron a interpretar a canción "FIGA" (de Tanxugueiras). A música fluía cunha beleza indescriptible. A medida que interpretaban a peza, algo máxico comezou a suceder. As luces das casas empezaron a parpadear ao ritmo da música, coma se as estrelas estivesen bailando. As árbores de Nadal parecían cobrar vida e todos se abrazaron na praza, sentindo una profunda alegría nos seus corazóns. 

A música dos nenos e das nenas encheu todo Curtis cunha maxia que só o Nadal en Galicia podía ofrecer. A xente cantou a melodía, creando un coro celestial que resoou en todo o pobo. 

CAPÍTULO 4.- UN RECORDO INESQUECIBLE

A medida que a música chegaba ao seu punto culminante, unha estrela fugaz cruzou o ceo, deixando un rastro billante. O público asombrouse mentres seguían cantando e bailando os nenos e nenas de 6º unha escolma de música e ditos galegos baixo o título "GALICIA INVÍTATE ESTE NADAL". 

Cando a última nota soou, o ceo iluminouse con fogos artificiais que semellaban estrelas fuagaces. Era coma se as mesmas estrelas estivesen celebrando tamén a maxia da música esa noite especial. 

O Nadal en Galicia nunca voltaría a ser igual. Os nenos e as nenas de Curtis compartiran o agasallo das estrelas con toda a xente do pobo e esa noite convertiuse nun recordo inesquecible para todos. 

Dende entón, en cada Nadal, aquelas melodías interpretábanse en Curtis, lembrando que a maxia da música e do Nadal sempre estarían unidas nese lugar especial.

Deste xeito, a maxia do Nadal viviu no corazón da xente de Curtis, inspirándoos a compartir amor, amizade, música e ledicia en todos os tempos de Nadal futuros.

Visita a páxina web do centro para ver o festival:

PINCHA AQUÍ











lunes, 13 de noviembre de 2023

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA



Un curso mais as mochilas viaxeiras comezan a súa andaina. mochilas cheas de personaxes, viaxes fantásticos, aventuras incribles, experimentos e moitas cousas mais para descubrir en familia.
As mochilas conteñen fondos da nosa biblioteca para ler, compartir en familia, defrutalos xuntos, ... Tamén incluímos algún xogo para divertirse en familia e por suposto o caderno viaxeiro no que recoller as vosas impresións, opinións e suxestións sobre o contido da mochila e tamén algún debuxo que ilustre os vosos comentarios.

Se queredes ver o contido premede no video.




 

martes, 24 de octubre de 2023

martes, 10 de octubre de 2023

RECEPCIÓN DE ROMÁN RODRÍGUEZ AOS CENTROS GAÑADORES DOS CLUBS DE LECTURA

 



Hoxe a Directora do Ceip de Curtis, María Jesús Barral Bascoy e a coordinadora da Biblioteca, Maria Isabel Castiñeira Souto foron recibidas na Cidade da Cultura, xunto cos representantes dos demais centros premiados no Concurso Nacional de Clubs de Lectura. 
No acto presidido polo Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades Román Rodriguez e a Xefa do Servizo de Innovación e Programas Educativos Elena Castro animáronnos a continuar coa nosa labor para incentivar a lectura.